HomeCulturaRubián acolle o 14 de xullo a XIX a Feira Tradicional Outrora

Rubián acolle o 14 de xullo a XIX a Feira Tradicional Outrora

Os stands a exposición abriranse ás 10:00 da mañá do día 14 de xullo.

Publicado o

POR
Redacción
- Advertisement -

O Concello de Bóveda celebra o día 14 de xullo unha nova edición de Outrora. Ao longo da mañá haberá exhibición de escultura con motoserra, desfile e actuación do grupo de gaitas municipal de Bóveda; desde as 11:00 celebraranse obradoiros do Centro de Artesanía e Deseño e ás 12:00 actuarán Amigos da Pandeireta de Monforte.

Xa pola tarde, a partires das 16:00 haberá demostracións participativas nos stands de artesanía e ás 17:00 retomaranse os obradoiros do Centro de Artesanía e Deseño. Outrora conta con programación específica para o público infantil: ás 18:00 comezará a Festa da Espuma e ás 19:00 haberá xogos tradicionais interxeneracionais.

Xoán Curiel ofrecerá un concerto na capela ás 20:00 e ás 21:00 h. pecharán os stands da exposición. A programación completarase co tradicional e popular “Isco no guizo” ás 22:00 h. e ás 23:00 de Dj Vizcaíno.

ÚLTIMAS

Xa se coñecen os gañadores do XII Concurso de Proxectos Empresariais Semente Ribeira Sacra

O Concurso de Proxectos Empresariais Semente Ribeira Sacra celebrou este sábado a súa xornada...

A cafetería do Complexo Deportivo da Pinguela será de libre acceso tamén para o público xeral

A cafetería do Complexo Deportivo da Pinguela comezou xa a prestar servizo ás persoas...

A Deputación arranxará a LU-P-4707 que comunica Veneira con Roques na Pobra do Brollón

O representante do PSdeG, Adolfo Rubio, valora que a Deputación se reunise directamente coa...

Chantada mellora as canchas e automatiza o acceso ás Pistas de Tenis

O Concello de Chantada vén de acometer novas melloras nas Pistas de Tenis do...