HomeCultura"Artesanía de Galicia no Courel" celebrarase do 9 ao 13 de agosto

“Artesanía de Galicia no Courel” celebrarase do 9 ao 13 de agosto

O evento vaise celebrar entre os días 9 e 13 de agosto en diferentes localizacións de Folgoso do Courel. Promovido pola consellería de Economía, Industria e Innovación conta coa colaboración do Concello de Folgoso do Courel e da Fundación Uxío Novoneyra.

Publicado o

POR
Redacción
- Advertisement -

O programa de actividades inclúe 12 obradoiros de iniciación a diferentes oficios como a cestería, a carpintería, o bordado, a estampaxe ou a ourivería e técnicas coma o macramé. Para estas actividades é necesaria realizar unha inscrición previa na web da Fundación Artesanía de Galicia. Ademais haberá oito talleres gratuítos e abertos a todos os públicos que se acheguen ata Folgoso do Courel durante estes cinco días.

As actividades desenvolveranse no Centro Sociocultural Fondo de Vila (Folgoso) e en Froxán, en horario de 10:30 a 13:30 horas e de 16:00 a 18:00 horas, así como en tres localizacións da aldea de Parada: a sede da Fundación Uxío Novoneyra, a antiga escola unitaria e mais o aloxamento rural A Carbiña. O horario das actividades de Parada será de 11:00 a 13:30 e de 16:00 a 18:00 horas.

Por unha banda, os cursos que requiren inscrición previa celebraranse na Antiga Escola Unitaria de Froxán, na Carbiña e na Fundación Uxío Novoneyra. En Froxán desenvolveranse dous cursos de cestería impartidos por Julia de la Cal, de La Parabólica (O Porriño): un sobre cesta redonda de vimbio, do 9 ao 11 de agosto, e outro cesto de costelas, os días 12 e 13.

Na Escola Unitaria de Parada terán lugar os obradoiros de Iniciación á ourivería, con Susi Gesto (Santiago de Compostela), do 9 ao 13 de agosto; e dous obradoiros de macramé a cargo de Nai Diseños (Vigo): un centrado na elaboración dun tapiz, que se celebrará entre os días 9 e 11 de agosto, e outro centrado nun bolso, os días 12 e 13.

No aloxamento rural A Carbiña están previstas seis actividades de formación, dúas por cada temática, a primeira terá lugar do 9 ao 11 de agosto e a segunda os días 12 e 13. Natalia Moreno (Baiona) será a encargada de impartir os cursos sobre degradados e sombreados sobre téxtil; Minia Banet de Variopinto (Santiago de Compostela) dirixirá os cursos de bordado sobre fotografía; e Lola García de Logaro (Ourense) impartirá os cursos de bordado en la. Por último, na Fundación Uxío Novoneyra celebrarase cursos de elaboración dun banco de madeira, a cargo de Rodrigo Mosquera de Tresoficios (Teo), que terá lugar do 9 ao 13 de agosto.

En canto aos talleres gratuítos e abertos a todo tipo de públicos, a maior parte concentraranse no Centro Cultural Fondo de Vila (Folgoso). Os cursos de cerámica celebraranse durante todos os días do evento, do 9 ao 13 de agosto, e estarán impartidos polos artesáns vigueses Carlos San Claudio, Torno cerámico, e Nerea Carpente de Peixe Nero, que dirixirá o de Pezas cerámicas en mesa.

Sandra Betanzos, de Amorote Printing Workshop (Ames), encargarase de catro obradoiros de estampaxe que terán lugar en días diferentes. O 9 e o 13 de agosto celebrarase o de estampaxe de postais con selos, o 10 o de serigrafía téxtil, o 11 o de estampaxe creativa en téxtil e o 12 de agosto o de elaboración dun selo de follas autóctonas e estampaxe en papel.

Na sede da Fundación Uxío Novoneyra (Parada) terán lugar os obradoiros abertos impartidos por María José Martínez e José Antonio Carrera, de Peixesapop (Vigo), que se encargarán dos obradoiros Polos pés, entre o 9 e o 11 de agosto, e o de Serigrafía e estampaxe, que se celebrará o 12 e o 13 de agosto.

O obxectivo destas actividades é divulgar os oficios artesanais e todos os valores que implica o feito á man para que futuros consumidores entendan o valor engadido da artesanía e mesmo futuros profesionais do sector vexan a artesanía como un modo de vida.

ÚLTIMAS

A Garda Civil investiga a un gandeiro de Chantada por suposto delito de malos tratos animais

Segundo informaron fontes da Comandancia, nunha inspección realizada por axentes da Garda Civil e...

20 persoas rematan formación no Obradoiro de Emprego de Monforte que pronto comezará unha nova edición

Os participantes no obradoiro levaron a cabo a rehabilitación e restauración das naves da...

A Vicepresidencia da Deputación ofrece 50.000€ anuais para o Matadoiro de Sarria

Na xuntanza, na que participaron o alcalde de Sarria, Claudio Garrido, a alcaldesa de...

Soños da compañía Arte Feito, este 21 de outubro no Multiusos de Monforte

Ás 20:15h terá lugar a posta en escena da obra para adultos Soños, da...