HomeCulturaOs museos de Quiroga amplían horarios e en agosto teñen xornadas de...

Os museos de Quiroga amplían horarios e en agosto teñen xornadas de portas abertas

O Museo Xeolóxico e o Museo Etnográfico de Quiroga contan dende este mércores cun novo e máis amplo horario de atención ao público.

Publicado o

POR
Redacción
- Advertisement -

As delegacións de Cultura e Turismo anunciaron que estas dúas instalacións museísticas abrirán de luns a venres en horario de 10:00 a 14:00 h. A maiores, polas tardes, e previa cita no teléfono da Casa da Cultura o 982.43.51.25., tamén se atenderán entre as  17:00 a 19:00 h. Mantense ademais o servizo de atención para grupos (10 ou máis persoas) previa cita previa no teléfono da Casa da Cultura.

Durante as fins de semana e os festivos os museos conservan o seu horario de apertura. O museo Xeolóxico de 11:00h. a 12:00h. e o Etnográfico de 12:00h. a 13:00h. Manténdose as visitas para grupos previa cita na Casa da Cultura.

No mes de agosto poñerase en marcha o programa “Coñece os museos de Quiroga”. A través deste programa os museos contarán cunha xornada semanal de portas abertas nas que se poderá facer unha visita guiada con entrada gratuíta e sen cita previa. A xornada de portas abertas do Museo Xeolóxico será todos os mércores de agosto a partir das 11:00 da mañá e a do Museo Etnográfico será todos os xoves tamén a partir das 11:00 da mañá.

Dende o Concello de Quiroga tomouse esta decisión como apoio ao turismo -incluídos os numerosos peregrinos que recorren o Camiño de Inverno- e tamén aos veciños,  facilitando as visitas a estas instalacións ao contar cun horario máis amplo de apertura.

ÚLTIMAS

CSIF alerta da situación da presa de Vilasouto, no Incio

A Central Sindical Independente e de Funcionarios (CSIF), vén de denunciar a "alarmante situación...

2,5M€ para mellorar as estradas da provincia

En Sober adxudicouse á empresa Fevisa Vías y Obras SL a mellora de sete...

Celebración do ‘Xoves de Comadres’ en Monforte

Nun día de tregua no que a choiva se refire, as rúas do centro...

Micro Aberto á cultura este 14 de febreiro na cafetería Mon de Monforte

A iniciativa nace dun grupo heteroxéneo de persoas residentes no rural da zona, no...