HomeCultura30 artesáns para 6 días de Artelemos, do 4 ao 9 de...

30 artesáns para 6 días de Artelemos, do 4 ao 9 de agosto

A XXIII Mostra de artesanía Artelemos celebrarase na rúa Cardenal de Monforte do 4 ó 9 de agosto. Este ano o certame durará seis días, un día máis do habitual.

Publicado o

POR
Redacción
- Advertisement -

Na edición deste ano participarán 30 profesionais da artesanía, 7 máis que en 2022, o número máis alto de participantes dos últimos anos. Son profesionais da artesanía provintes da comarca de Lemos, así coma outros puntos de Galicia e de España, que, coma en anos anteriores, ubicaranse na rúa Cardenal. A maiores colocarase un espazo destinado á realización de obradoiros e demostracións de oficios. O horario durante os 6 días que durará a XXIII Mostra Artelemos será de 10 a 14 horas e de 18 a 22 horas. As demostracións desenvolveranse de 12 a 14 horas e de 19 a 21 horas. Contarase tamén con obradoiros ás 12 e ás 19 horas para os que é preciso anotarse cun mínimo dunha hora de antelación no stand do Concello, na propia rúa Cardeal.

Artelemos é o escaparate dos pequenos obradoiros artesanais, búscase achegar a artesanía local á xente na rúa, unha artesanía tradicional, e tamén máis moderna, cunha ampla variedade de disciplinas artesanais especializadas en coiro, olería de Gundivós, cestería, madeira, xoiería, gancho, entre outras especialidades. Unha inmellorable ocasión para atopar pezas únicas e de gran calidade, xa que todos os artesáns participantes contan con acreditación profesional.

Programación XXIII Artelemos

Venres 4 de agosto: 

  • 10:00 h.- Apertura de stands de venda
  • 12:00 a 14:00 h.- Demostración olería de Gundivós. Artesán: Elías González
  • 13.00 h.- Inauguración oficial da 23ª Mostra Artelemos. Actuación Grupo Municipal de Gaitas.
  • 18:00 h.- Apertura de stands de venda
  • 19:00 a 21:00 h.- Demostración olería de Gundivós. Artesán: Elías González

Sábado 5 de agosto:      

  • 10:00 h.-Apertura de stands de venda
  • 12:00 a 14:00 h.- Obradoiro de cestería.  Artesá: Luisa Martínez
  • 18:00 h.- Apertura de stands de venda
  • 19:00 a 21:00 h.-  Obradoiro de cestería.  Artesá: Luisa Martínez

Domingo 6 de agosto: 

  • 10:00 h.- Apertura de stands de venda
  • 12:00 a 14:00 h.- Obradoiro de barro para nenos e nenas. Artesá: Amparo Escrich
  • 18:00 h.- Apertura de stands de venda
  • 19:00 a 21:00 h.- Obradoiro de barro para nenos e nenas. Artesá: Amparo Escrich

Luns 7 de agosto:           

  • 10:00 h.- Apertura de stands de venda
  • 12:00 a 14:00 h.- Obradoiro de bixutería infantil. Artesán: Noel Pérez
  • 18:00 h.- Apertura de stands de venda
  • 19:00 a 21:00 h.- Obradoiro de bixutería infantil. Artesán: Noel Pérez

Martes 8 de agosto:

  • 10:00 h.- Apertura de stands de venda
  • 12:00 a 14:00 h.- Demostración olería tradicional da Ribeira Sacra. Artesán: Tomás López
  • 18:00 h.- Apertura de stands de venda
  • 19:00 a 21:00 h.- Demostración olería tradicional da Ribeira Sacra. Artesán: Tomás López
  • 19:00 a 21:00 h.- Obradoiro de olería para nenos e nenas.  Artesá: Otilia Arias

Miércoles 9 de agosto:

  • 10:00 h.- Apertura de stands de venda
  • 12:00 a 14:00 h.- Obradoiro de bixutería con reciclaxe de papel. Artesá: Rosario Romo
  • 18:00 h.- Apertura de stands de venda
  • 19:00 a 21:00 h.- Obradoiro de bixutería con reciclaxe de papel. Artesá: Rosario Romo

ÚLTIMAS

5 piragüistas do Quixós convocados para o Europeo de Suiza

Este xoves, 20 de xullo, a Real Federación Española de Piragüismo deu a coñecer...

As Festas de San Xoán de Sarria máis inclusivas

Falamos con María Eugenia Valcárcel López, concelleira de Festas no Concello de Sarria, para...

Vasoira de Platino para Monforte pola implantación do Plan de xestión da materia orgánica

A cidade de Monforte de Lemos recibiu un galardón que se lle concede ás...

O PP pide á Deputación que inste a Adif a reparar os danos ocasionados nas estradas provinciais de Sober e Pantón

Os deputados provinciais Antonio Ameijide e Luis Fernández comprobaron os numerosos danos producidos en...