HomeCulturaDía da Música Tradicional, o 12 de agosto, nas festas de Quiroga

Día da Música Tradicional, o 12 de agosto, nas festas de Quiroga

A orquestra Panorama, Lis Pardo e a banda Gin Toni’s son os pratos fortes das festas de verán de Quiroga que este ano se celebran entre o 10 e o 13 de agosto. Pero durante estes días haberá moitas outras e novidosas actividades como fogos artificiais ou a celebración do Día da Música Tradicional, o sábado 12 de agosto.

Publicado o

POR
Redacción
- Advertisement -

O concello de Quiroga a través da área de Cultura e Festexos, impulsa esta iniciativa co desexo de darlle continuidade en vindeiros anos e co obxectivo de traer a Quiroga propostas musicais e folclóricas que visibilicen e divulguen a riqueza do patrimonio cultural.

Deste xeito, o 12 de agosto, a partir das 12:00 h. contarase co grupo de Música e Baile tradicional “A Volta do Agro”, formación que chega grazas ao programa “Tradigalu” da Área de Cultura da Vicepresidencia da Deputación de Lugo; e pola noite, ás 23:00, un concerto a cargo do Grupo Tradicional “Os Melidaos”.

Estes últimos chegan dentro do programa que impulsa tamén a Área de Cultura da Vicepresidencia da Deputación de Lugo, “Xunt@s polo Serán 2023”. O Obradoiro de Cultura Tradicional A Volta do Agro nace no ano 1995 na cidade de Lugo coa idea de traballar no obxectivo último da asociación, a dignificación da cultura tradicional galega. “A música tradicional é un tesouro que compre conservar” é a máxima coa que Os Melidaos veñen camiñando desde os seus inicios no ano 2001 na música tradicional, outorgándolle á gaita e á voz un papel protagonista. Concertos, alboradas, seráns, catro discos propios publicados e algunha colaboración en traballos alleos, forman xa parte da súa historia.

Os Melidaos

ÚLTIMAS

Case 600 persoas na II Festa Interxeracional do Concello de Chantada

Na primeira edición participaron unhas 350 persoas e este ano case se duplica a...

Actividades para celebrar en familia no Verán Cultural de Chantada

Do 2 de xullo e ata o 30 de agosto, o Concello de Chantada,...

Adrián González, novo voceiro do PP de Quiroga

Adrián González, de 32 anos e vinculado ao deporte, agradece a confianza dos compañeiros...

Iniciativas de Esperta Monforte no pleno deste luns

Esperta Monforte presenta ao pleno unha moción para incrementar a partida de subvencións de...