HomeCulturaArtelemos remata despois de 6 días que arroxan excelentes resultados de público...

Artelemos remata despois de 6 días que arroxan excelentes resultados de público e vendas

Nesta edición participaron 30 profesionais da artesanía, 7 máis que na edición anterior. 10 deles provintes da comarca de Lemos, 14 de diversos concellos de Galicia, como Vigo (2), Santiago de Compostela (3),  A Coruña (2), Silleda (1), Ponteareas (1), Tui (1), Marín (1), Noia (1), Arcade (1) ou Ourense (1);  e 6 de distintos puntos de España, como Ponferrada (3), Burgos (1), Toledo (1) e Murcia (1).

Publicado o

POR
Redacción
- Advertisement -

O alcalde do concello de Monforte, José Tomé Roca, clausuraba este mércores a XXIII Mostra de artesanía Artelemos, que a última hora da xornada pecha as súas portas tras seis días de exitosa actividade. Na visita aos stands, o alcalde recolleu as valoracións dos artesáns participantes “e todos eles nos comentaron de que lles foi moi ben nos días de duración do certame e que levaron a cabo numerosas vendas. Practicamente todos os artesáns xa nos pediron que contemos con eles para participar na vindeira edición de 2024”.

 “Superamos as cifras da edicións de 2019 e 2022, tanto en número de público asistente como de ventas acadadas”, resaltou o alcalde. Neste senso, o incremento estes días no número de turistas e de visitantes á cidade, contribúe á mellora dos datos acadados, con respecto a edicións anteriores. Desde o concello consideran que este aumento de vendas e visitantes débese tamén ao feito de pasar a celebración de 5 a 6 días.

Os obradoiros dirixidos a nenos e nenas, tamén resultaron ser todo un éxito, superando en todas as xornadas o número de prazas ofertadas. As mostras de oficios e demostracións en vivo de diferentes produtos artesanais, a cargo de artesáns tamén contaron cunha alta participación e foron moi ben valoradas polo público asistente.

O concello de Monforte aposta por esta Mostra de artesanía que o equipo de Goberno recuperou no Nadal do ano 2015, tras anos de ausencia, dende que desaparecera a Fundación Comarcal Terra de Lemos, que a organizou entre os anos 1996 e 2011. Dende o ano 2015, Artelemos celébrase tódolos anos cun aumento progresivo de participantes e artesáns que avalan este tipo de eventos, e mostra delo é a ampliación, nun día máis, do calendario deste ano.

O obxectivo de Artelemos é achegar a artesanía local á xente na rúa, unha artesanía tradicional, e tamén máis moderna, cunha ampla variedade de disciplinas artesanais especializadas en coiro, olería de Gundivós,  cestería, madeira, xoiería, gancho, entre outras especialidades. En definitiva, unha inmellorable ocasión para atopar pezas únicas e de gran calidade, xa que todos os artesáns participantes contan con acreditación profesional.

ÚLTIMAS

O Quiroga Trail Challenge pecha inscricións con 1.200 participantes

En menos de dúas semanas celebrarase a undécima edición do Quiroga Trail Challenge. O...

O BNG concéntrase diante do Hospital de Monforte en favor da sanidade pública

A concentración estivo presidida polos Deputados do territorio e da área de sanidade no...

Axentes forestais ofrecen atención á veciñanza na Pobra do Brollón

O equipo de axentes ambientais adscritos ao Concello da Pobra do Brollón do Distrito...

Álvaro Gómez, promesa do bádminton e con orixes en Sober, bronce nunha competición internacional

Álvaro Gómez, xogador de bádminton vigués de orixe soberina --na parroquia de Lobios--, acadou...