Su Garrido Pombo e MounQup na Pobra do Brollón como remate do ciclo Novas Músicas Galegas

O ciclo Novas Músicas Galegas é unha iniciativa do Concello da Pobra do Brollón para levar aos escenarios a artistas mulleres que están a innovar na escena musical. Tras os concertos de Catuxa Salom e Faia en xullo, o ciclo pecha nesta semana con Su Garrido Pombo, o luns 14 de agosto e MounQup, o xoves 17. Ambos concertos son de entrada libre.

MounQup

O concerto do luns, 14 de agosto, será na Casa da Cultura ‘Olga Novo’ ás 20:30 con Su Garrido
Pombo,
que interpretará temas do seu novo álbum, Patios de Luz. Este o seu segundo
disco é unha homenaxe á vida en comunidade, cunha mestura moi persoal de estilos
como folk, bossa nova e jazz. Un traballo polo que Su Garrido recibiu o seu segundo
premio Martín Códax da Música, desta volta no presente 2023, na categoría de
canción de autor.
O xoves, 17 de agosto, actuará MounQup ás 22:30 na Praza da Pena, ao carón da casa
do concello da Pobra do Brollón. Trátase do proxecto en solitario de Camille Hedouin,
música francesa radicada en Galicia dende hai unha década. No seu terceiro e último
disco Aquelarre, MounQup explora o seu vínculo coa natureza galega a través dunha
mestura catártica de electrónica, folclore e experimentación.

O ciclo Novas Músicas Galegas é financiado pola subvención Territorio Cultura,
xestionada pola Xunta de Galicia a través da Agadic, ao amparo do Mecanismo
Europeo de Recuperación e Resiliencia dos Fondos Next Generation.

Su Garrido Pombo

DEIXAR UN COMENTARIO

Please enter your comment!
Please enter your name here