HomeCulturaComeza en Chantada a XXXIII Mostra de Teatro Maruxa Villanueva

Comeza en Chantada a XXXIII Mostra de Teatro Maruxa Villanueva

A mostra organizada polo centro teatral Faro Miño, terá lugar os días 21, 22 e 23 de agosto ás 22:00 h. na praza do Cantón de Chantada.

Publicado o

POR
Redacción
- Advertisement -

Rematada a “30 Semana Internacional de Cine de Chantada” e a punto de comezar as festas da vila, Chantada acolle desde este luns ata o día 23 a XXXIII Mostra de Teatro Maruxa Villanueva.

Ás 22:00 h. na praza do Cantón de Chantada, a agrupación teatral Metátase de Palas de Rei, poñerá en escena “Na escada dos contos”, este luns. O martes a agrupación teatral Dar Trela Teatro do Carballiño representará “Tokakonsulta“.

O mércores 25, a agrupación anfitroa pechará a mostra coa obra “Ave…kren“. Tódalas representacións son de entrada libre e gratuíta.

ÚLTIMAS

Premio ao Mellor Documental para o Colexio Escolapios de Monforte nun Festival Escolar Internacional

O Real Colexio Escolapios de Monforte vén de recibir o premio ao mellor documental...

Xa se coñecen os gañadores do XII Concurso de Proxectos Empresariais Semente Ribeira Sacra

O Concurso de Proxectos Empresariais Semente Ribeira Sacra celebrou este sábado a súa xornada...

A cafetería do Complexo Deportivo da Pinguela será de libre acceso tamén para o público xeral

A cafetería do Complexo Deportivo da Pinguela comezou xa a prestar servizo ás persoas...

A Deputación arranxará a LU-P-4707 que comunica Veneira con Roques na Pobra do Brollón

O representante do PSdeG, Adolfo Rubio, valora que a Deputación se reunise directamente coa...