HomeCulturaXXIV Feira do Libro de Monforte do 23 ao 26 de agosto

XXIV Feira do Libro de Monforte do 23 ao 26 de agosto

A rúa Cardenal de Monforte acolle un ano máis despois das Festas Patronais, a celebración da Feira do Libro que nesta ocasión chega á súa XXIV edición.

Publicado o

POR
Redacción
- Advertisement -

Nesta edición da Feira do Libro de Monforte participan o Servizo de Publicacións da Deputación de Lugo; Libraría Cartabón; A Libraría da Proencia; Librería Entre Libros; A Gata Tola e Librería Agrasar.

A Feira do Libro de Monforte abrirase este mércores co pregón a cargo do escritor, Francisco Narla, ás 19:00h. Ás 19:30. Andrea Micc asina Crónicas de Vanusum I. El reino de losreinos na caseta da libraría Agrasar. Meida hora despois, O Leo presenta Libre de libro acompañado polo editor Antón Lopo (Chan da pólvora) para rematar con Maite Mosconi e a presentación da biloxía Helheim (Editorial Vanir)

A programación para o xoves, 24 de agosto é a seguinte:

  • 11:00h Inés Silva asina Las aventuras de Coco y Marvin e Elsa Benito y el mar na caseta da libraría Entre Libros.
  • 12:00h Henrique Egea asina Remover Roma por Santiago na caseta da libraría Agrasar.
  • 13:00h Manuel Blanco asina Os versos do te na caseta da libraría Agrasar
  • 19:00 Espectáctulo infantil musical Cadernos de cores e cancións con Magín Blanco (Galaxia). Brenda Mondelo asina O espello de Celia e Neve na caseta da libraría Entre Libros
  • 19:30h Ana Meilán asina Non o fagas, Tarbi! na caseta da libraría Agrasar
  • 20:00h Brenda Mondelo asina Neve e O espello de Celia na caseta da Libraría da Proencia
  • 20:30h Chan da Pólvora Editora na Feira de Monforte. Presentación dos libros: Rimbaud [Seis poemas de inferno e adolescencia]; As cunchas baleiras de Branca Novoneyra; Lupercais, do colectivo de poetas de Lugo

Programación do 25 de agosto:

  • 11:00h Andrea García Martínez asina Animais fantásticos de aldea na libraría Entre Libros
  • 12:30h José María Lago asina La caja de Pandora e Santuario da Nosa Señora de Cadeiras na caseta da Libraría da Proencia
  • 13:00h Mirian Casas asina Ikal e Ikal 2 na caseta da libraría Agrasar
  • 19:00h Obra infantil Feo, por Caramuxo Teatro; Mar López Sotelo asina Esgrafiado galego na caseta da libraría Entre Libros; Óscar Guzmán asina Os segredos de Teresa na caseta da Libraría da Proencia; Antón Lopo asina Diarios/1 .Azul Monforte na caseta da libraría Agrasar.
  • 20:15h Nazaret López presenta Pecados Veniais acompañada por Xosé Manuel Eyré (Xerais)

Programación do 26 de agosto:

  • 11:00h Andrea Micc asina Crónicas de Vanusum I. El reino de los reinos na caseta da libraría Entre Libros
  • 12:00h Alba Lopez Paredes asina Nandidor e La leyenda de Noa na caseta da libraría A gata tola durante toda a tarde; Estefanía Padullés asina A pantasma do castelo. Porlier e a súa loita pola liberdade na caseta da libraría Agrasar
  • 12:30h Actuación infantil A Ramona Pequena vai á Lúa de Pakolas (Galaxia); Yaiza Galán asina El suspiro del viento na caseta da Libraría da Proencia
  • 19:00h Contacontos. O pesadelo de Mateo por Estefanía Padullés (Belagua); Yaiza Galán asina El suspiro del viento na caseta da libraría Entre Libros; Sonia Arias asina Manchas de frío na caseta da libraría Agrasar; Alba Lopez Paredes asina Nandidor e La leyenda de Noa na caseta da libraría A gata tola durante toda a tarde; Andrea Micc asina Crónicas de Vanusum na caseta da Libraría da Proencia.
  • 20:00h Martín Parga presenta A vida no Chairo (Toxosoutos
  • 21:00h Samuel Merino presenta Con esta Hoz (Disbauxa). Ao rematar, recital MAN A MAN con Silvia Penas

ÚLTIMAS

Música para todos os públicos e actividades variadas nas Festas do Carme 2024 de Sober

Todo listo para que comecen as Festas Patronais de Sober, que terán lugar do...

Encontro para a participación veciñal na candidatura da Ribeira Sacra a Patrimonio Mundial, este 13 de setembro no mosteiro de Santo Estevo

A estratexia de participación cidadá da candidatura Ribeira Sacra a Patrimonio Mundial da Humanidade convoca...

Danse a coñecer os premiados do ‘I Certame de Relatos Manuscritos Peruchela Edicións’

Tras a convocatoria, meses atrás, do I Certame de Relatos Manuscritos Peruchela Edicións, 30...

Máis prazas e máis días de actividade no Programa Activa de Monforte que este 11 de setembro abre prazo de inscrición

O alcalde de Monforte, José Tomé Roca, acompañado pola primeira Tenente de Alcalde de...