HomeCulturaAs Feiras do Libro de Galicia fan a súa última parada en...

As Feiras do Libro de Galicia fan a súa última parada en Monforte

O director xeral de Cultura, Anxo M. Lorenzo, participou este mércores na apertura da Feira do Libro de Monforte de Lemos, a última das citas do circuíto impulsado pola Xunta de Galicia e a Federación de Librarías para dinamizar a actividade do sector e que xa percorreu 14 concellos galegos desde abril.

Publicado o

POR
Redacción
- Advertisement -

O pregoeiro deste ano foi Francisco Javier Fernández Narla, autor de novelas históricas e de misterio. Naceu en Lugo en 1978. Piloto aéreo de profesión, comezou a súa carreira literaria en 2009 cunha novela de terror, “Los lobos del centeno”, de ambiente galego que acadou un gran éxito en España e Latinoamérica, á que seguiu a novela negra “Caja negra”. O alcalde, José Tomé Roca, referiuse a el coma “un excelente e polifacético pregoeiro, que nos honra coa súa presencia e que vai contribuír, estou seguro, a que esta 24ª edición da Feira do Libro de Monforte teñan uns bos resultados”.

“O evento que forma parte do programa do Verán Cultural do Concello, sérvenos para que todos poidamos encontrarnos coa literatura na rúa, e sérvenos para render unha merecida homenaxe ós libros, ós seus escritores e escritoras, e tamén ós editores e libreiros e libreiras, que son os encargados de facernos chegar as obras ós lectores”, indicou o mandatario municipal, que destacou a presenza de varios escritores e escritoras da Ribeira Sacra, e tamén do resto de Galicia. A través deles, “potenciaremos e daremos a coñecer o talento literario que temos na nosa comarca e tamén no conxunto da provincia de Lugo e de Galicia”.

Anxo M. Lorenzo, pola súa banda referiuse aos últimos datos do Comercio Interior do Libro en España que falan dun incremento de máis do 8% da edición en galego o ano pasado “e tamén un aumento nas vendas de libros en papel de case o 6%”. Referiuse tamén á “eficacia” das feiras do libro e lembrou as liñas de apoio incluídas no Plan de impulso ao libro galego para facilitar a transformación dixital, adecuarse ás novas realidades de consumo e crear e fidelizar lectores.

A XXIV Feira do Libro de Monforte de Lemos poderá visitarse ata o sábado 26 de agosto. As casetas estarán abertas de 11 a 14 horas e durante a tarde de 19 a 22 horas. Serán catro xornadas de actividades nas que o público asistente poderá gozar de presentacións de libros e sinaturas das obras por parte dos seus autores.

As casetas presentes nesta edición son as de A Gata Tola (Santiago de Compostela), Libraría Cartabón (Vigo), A Librería da Proencia (Sober), o Servizo de Publicacións da Deputación de Lugo, Librería Agrasar (Monforte) e Librería Entre Libros (Monforte).

ÚLTIMAS

Un novo cineclub en Monforte reforzará a oferta audiovisual e cultural da cidade

As proxeccións terán lugar todos os venres ás 20.00h no Ateneo Casino de Monforte...

Taller de Subvencións para Emprender e para Empresas Galegas, o 28 de xaneiro online

Durante o taller daranse a coñecer a subvencións para promover e apoiar ás persoas...

“Os maragatos da Porta de San Pedro”, a exposición na Casa da Cultura de Chantada ata o 29 de xaneiro

Compoñen a mostra 12 paneis en galego e castelán que recollen a historia da...

Sarria presenta a 18ª edición da Festa do Cocido do Porco Celta

O Concello de Sarria vén de presentar unha nova edición do seu evento estrela...