HomeCulturaComeza o 'Festival dos Eidos'

Comeza o ‘Festival dos Eidos’

Trátase da oitava edición deste evento que se desenvolve ata o domingo 27 de agosto na aldea de Parada, en Folgoso do Courel. O festival volve apostar pola cultura como motor de dinamización do rural a través dunha oferta multidisciplinar coa poesía como fío condutor.

Publicado o

POR
Redacción
- Advertisement -

O venres 25 de agosto comezou o ‘Festival dos Eidos’ en Parada do Courel coa presenza do director da Axencia Galega das Industrias Culturais, Jacobo Sutil, na xornada inaugural.

Para Sutil, o proxecto presentado pola Fundación Uxío Novoneyra encaixa á perfección cos valores que impulsa a Xunta a través de Territorio Cultura non só no sentido de ampliar cuantitativa e cualitativamente a oferta cultural no rural, senón tamén de impulsar a cultura como motor de revitalización reforzando as capacidades do sector para acadar un tecido sólido máis alá dos grandes núcleos urbanos.

O responsable do AGADIC aproveitou tamén para dar conta das diferentes accións subvencionadas pola Consellería de Cultura, Educación, FP e Universidades a través do programa Territorio Cultura para ampliar e descentralizar a oferta cultural máis alá dos núcleos urbanos.

Neste senso detallou que a proposta do Festival dos Eidos foi unha das 15 beneficiarias da segunda convocatoria destas axudas, xestionadas ao abeiro do Mecanismo Europeo de Recuperación e Resiliencia dos fondos Next Generation EU.

Cartel nun dos espazos en Parada, Folgoso do Courel. Foto: Prensa Xunta de Galicia.

PROGRAMACIÓN

Nesta primeira xornada, ademais dunha exposición e sesión poética, houbo unha homenaxe a Carlos Oroza polo seu centenario e un fin de xornada marcado polo protagonismo da música no ‘Escenario Horta’. Aquí actuaron Xackal, Ataque Escampe e o DJ Jas Processor.

Para este sábado 26, ademais de sesións poéticas e musicais, están programadas actividades tan interesantes como unha ruta con avistamento de paxaros, unha lectura danzada e unha proxección cinematográfica.

O domingo 27, nunha xornada matinal que pon fin ao festival, hai unha Ruta pola paisaxe sonora de Uxío Novoneyra da Fundación Legar,  un recital nos Eidos de Chus Pato e unha sesión musical do DJ Jas Processor como remate ás 14:00 h.

O programa ao detalle na web do Festival dos Eidos.

ÚLTIMAS

Unha fin de semana para gozar do ‘Caldo de ósos’

Onte, venres 13, inaugurábase a exposición de fotos antigas “O legado que nos une”...

O PP de Monforte reclama ao pleno unha zona de baño pública para este verán

Dende o PP de Monforte insisten na necesidade de ofrecer unha alternativa gratuíta de...

‘CARNABAR’, a nova e festeira ocorrencia do ‘Colectivo Vermut’

"Entroido en movemento" ou "Roteiro de Entroido", así se podería definir o CARNABAR, unha...

CSIF alerta da situación da presa de Vilasouto, no Incio

A Central Sindical Independente e de Funcionarios (CSIF), vén de denunciar a "alarmante situación...