HomeCulturaVisitas á zona de ámbito xudeu de Monforte o 3 de setembro

Visitas á zona de ámbito xudeu de Monforte o 3 de setembro

Este domingo, 3 de setembro, Monforte celebra a Xornada Europea da Cultura Xudía-Renewal, con dúas visitas comentadas á zona. Saída dende a Oficina Municipal de Turismo (rúa do Comercio 6) ás 11:30 e ás 18:00 h.

Publicado o

POR
Redacción
- Advertisement -

Esta actividade intégranse dentro do programa do Verán Cultural do concello. As visitas grauítas correrán a cargo do investigador monfortino, Felipe Aira, e terán unha duración de hora e media. As prazas para realizar as visitas son limitadas, polo que será preciso inscribirse previamente na Oficina Municipal de Turismo.

Monforte de Lemos pertence, xunto con outras 20 poboacións de España, á Asociación “Red de Juderías de España-Caminos de Sefarad”, o cal representa un recoñecemento ó seu rico pasado medieval e en particular á pegada hebrea no mesmo. Pertencer a esta asociación supón contar con actividades que permiten a divulgación do patrimonio histórico e artístico da cidade. Este ano 2023, Monforte de Lemos preside a Red de Juderías de España.

O lema desta ocasión é “Memoria”, chave colectiva e individual que mantén e transmite a cultura xudía ó longo dos séculos.

ÚLTIMAS

Unha fin de semana para gozar do ‘Caldo de ósos’

Onte, venres 13, inaugurábase a exposición de fotos antigas “O legado que nos une”...

O PP de Monforte reclama ao pleno unha zona de baño pública para este verán

Dende o PP de Monforte insisten na necesidade de ofrecer unha alternativa gratuíta de...

‘CARNABAR’, a nova e festeira ocorrencia do ‘Colectivo Vermut’

"Entroido en movemento" ou "Roteiro de Entroido", así se podería definir o CARNABAR, unha...

CSIF alerta da situación da presa de Vilasouto, no Incio

A Central Sindical Independente e de Funcionarios (CSIF), vén de denunciar a "alarmante situación...