HomeCulturaTres días de festival, As Cores do Outono, na Pobra do Brollón,...

Tres días de festival, As Cores do Outono, na Pobra do Brollón, do 22 ao 24 de setembro

Xurxo Fernandes, Mondra e Abril actuarán nesta novena edición do festival, que ofrece tamén teatro, circo e obradoiros.

Publicado o

POR
Redacción
- Advertisement -

Na súa novena edición, o cartel das Cores do Outono está formado por tres propostas musicais que buscan adaptar a tradición mediante o diálogo con outras culturas, ritmos e instrumentos. Os tres concertos terán lugar o sábado 23 a partir das 21:00 h na área recreativa Samugueiros. O cartel está encabezado por Xurxo Fernandes quen presentará xunto coa súa banda o espectáculo ‘Levaino!’, unha suxerente viaxe entre Galicia e o Mediterráneo oriental a través da creación popular colectiva. 

Abrirán os concertos Abril, trío vigués de violín, pandeireta e guitarra clásica que interpretan melodías tradicionais galegas e tamén do resto da península arranxadas e mesturadas con ambientes sonoros máis actualizados. Tras Abril e Xurxo Fernandes, a sesión de música rematará con Mondra e a súa proposta renovadora que mestura a tradición coa electrónica e o baile contemporáneo. Os concertos contarán con presentación a cargo das Brindeiras da Guimaralia.

A programación do sábado compleméntase cuns obradoiros de baile a cargo de Ruth Pérez. Serán na Praza da Condesa, no casco medieval da Pobra do Brollón, e haberá dúas quendas: de iniciación ás 18:00 h e de perfeccionamento ás 19:00 h.

Teatro e circo para enmarcar As Cores

A programación do festivak comezará o venres 22 cun espectáculo de circo para todos os públicos, Autoestopista galáctico da compañía Pistacatro. Un show de ciencia ficción, clown e transformismo, repleto de personaxes cómicos dotados de poderes que desafían a lei da gravidade.

O espectáculo será ás 20:00h no anfiteatro da área recreativa de Samugueiros, ou na Casa da Cultura ‘Olga Novo’ en caso de chuvia. Antes do circo, ás 17:30 horas, haberá na Casa da Cultura unha charla sobre crianza e sexualidade, enmarcada no programa Ler conta moito da Xunta de Galicia.

Trátase dunha actividade pensada para familias, persoas coidadoras, con tutela ou ámbito profesional vinculado ás crianzas, onde poderán aprender, cuestionar e resolver dúbidas afectivo-sexuais a través do acompañamento profesional, nun espazo seguro e libre de xuízos.  

O domingo ás 19:00 na Casa da Cultura rematará o festival co espectáculo teatral O Auto do Castromil, da compañía Excéntricas en coprodución con Centro Dramático Galego e dirección de Quico Cadaval.

A obra foi escrita por Manuel María e está protagonizada por un luxoso elenco formado por Rocío González, Victor Mosqueira, Marcos Orsi e Patricia Vázquez. Eles serán os encargados de levar ao público por unha viaxe onírica abordo dun coche de liña ‘a través da curiosa historia da Galiza’.

O Festival As Cores do Outono conta con financiamento da Deputación de Lugo a través do Plan Único coa colaboración do Concello da Pobra do Brollón.

ÚLTIMAS

Entrégase unha vivenda de promoción pública en Chantada

O delegado territorial de Lugo, Javier Arias, fixo este mércores entrega das chaves á...

Medio Rural destina 4M€ a pasteiros

Durante o seu percorrido pola zona, no que estivo acompañada polo director xeral de...

O Xeoparque Montañas do Courel terá un espazo en FITUR 2025

A Rede Española de Xeoparques Mundiais (REXM), na que están integrados os dous Xeoparques...

Detidos dous homes como supostos autores de ‘ciberestafas’ denunciadas en Lugo e Monforte

Segundo informaron fontes policiais, unha das estafas foi denunciada en Lugo, e a vítima...