HomeCulturaMonforte comeza este venres o programa "Ler conta moito"

Monforte comeza este venres o programa “Ler conta moito”

Este venres, 22 de setembro, empezan as actividades deste programa, ás 12:00 horas no salón de actos da Casa da Cultura, coa obra “A Maga Sargantana”, a cargo de Los últimos Teatro. Esta actividade está dirixida a alumnado de 2º de Primaria dos centros de ensino de Monforte.

Publicado o

POR
Redacción
- Advertisement -

O concello de Monforte comeza coas actividades do programa “Ler conta moito”, en colaboración coa Biblioteca Municipal. Ademais da cita deste venres, as próximas propostas serán:

O venres 29 de setembro as 12:00 horas desenvolverase a obra “Unha maxia diferentes”, por O Mago Paco, tamén no salón de actos da Casa da Cultura. Esta obra é para alumnos e alumnas de terceiro de Primaria dos centros de ensino de Monforte.

Finalmente, o venres 6 de outubro as 12:00 horas terá lugar no mesmo lugar a obra ”Maxia tola e lectora” a cargo do Leo Leíño, para alumnos e alumnas de primeiro de Primaria dos centros de ensino de Monforte.

ÚLTIMAS

Castro Caldelas convértese no epicentro da cultura galega

O acto de celebración dos 798 anos do Foro do Bo Burgo comezará ás...

Daniel Areán: “A última vez que contei as medallas tiña 203”

Falamos con Daniel Areán Grejs, un mozo da parroquia de San Mamede, no Concello...

Monforte licita por 280.000€ as melloras do pavimento da Avda de Galicia- Rúa Chantada e Rúa Vigo

Ambas actuacións están incluídas no plan de investimentos en infraestruturas viarias que anunciou o...