HomeCulturaClavicule abre o día 3 os concertos de outubro no Buril

Clavicule abre o día 3 os concertos de outubro no Buril

Para a segunda quincena do mes, a axenda do Buril conta con 6 concertos os días, 21, 27, 29, 30 e 31 de outubro.

Publicado o

POR
Redacción
- Advertisement -

A asociación cultural deportiva e ecolóxica, Buril de Sarria, programa un mes de outubro cheo de concertos no local do que dispoñen na Rúa da Música en Sarria. Comezan o día, 3 de outubro, con Clavicule, unha formación que chega desde Francia, “Desde os seus inicios en 2018, Clavicule brindou un son versátil inspirado nos seus pares californianos como Osees, Ty Segall, Fidlar. Pero a banda ampliou os seus horizontes cando empezaron a engadir surf, grunge, psicodélico ou punk rock ás súas mesturas”.

O día 12 é a quenda de Xira 3 e punto, con concertos de Kondusión Kolerica, un trío de punk, que estivo en formato dúo abrindo o Punkis de aldea de este ano, e veñen con máis e mellores cancións. Filophobicas, un trío de rock en galego para mentes rebeldes, o ano pasado xa actuaron no San Martiño Canibal de Louseiro e Okeoh, coa súa mestura de punk/rock/metal para facer as delicias dos habituais do Buril.   

Para os días 13 e 14 fusiónanse o Napalm Fest e o Back to Nature para facer dous días de festival que vai dende grupos punk ata Death Metal. Back to Napalm presenta nesta edición dous días de concertos:

  • Mutualistas (Punk rock dende Lugo)
  • Dioivo (Black metal dende Vigo)
  • Anecoid (Metal Pontevedra)
  • Cranio (Heavy Metal Ferrol)
  • Aneuma (Melodeath Navia)
  • Barbarian Prophecies (Death Metal Lugo)
  • Death.Bringer (Death Metal León)
  • Slamentable (Slam grind Albacete)

A entrada para “apoiar ás bandas” é de 8 euros por día ou anticipada para os dous días 10 euros en entradium. O evento será solidario cos compañeiros de @frentel.a.santuarioanimal

Os concertos continuarán na segunda quincena con 6 actuacións máis.

 

ÚLTIMAS

Xa se coñecen os gañadores do XII Concurso de Proxectos Empresariais Semente Ribeira Sacra

O Concurso de Proxectos Empresariais Semente Ribeira Sacra celebrou este sábado a súa xornada...

A cafetería do Complexo Deportivo da Pinguela será de libre acceso tamén para o público xeral

A cafetería do Complexo Deportivo da Pinguela comezou xa a prestar servizo ás persoas...

A Deputación arranxará a LU-P-4707 que comunica Veneira con Roques na Pobra do Brollón

O representante do PSdeG, Adolfo Rubio, valora que a Deputación se reunise directamente coa...

Chantada mellora as canchas e automatiza o acceso ás Pistas de Tenis

O Concello de Chantada vén de acometer novas melloras nas Pistas de Tenis do...