HomeCulturaA xornalista, Pilar Eyre, presenta o 18 de outubro en Monforte o...

A xornalista, Pilar Eyre, presenta o 18 de outubro en Monforte o seu último libro, “De Amor y de Guerra”

A Librería Agrasar de Monforte organiza esta presentación que comezará ás 20:30 h, no Casino Ateneo con entrada gratuíta ata completar o aforo. A Librería Agrasar ofrecerá tamén un desconto do 5 % na compra do libro tanto na librería como no evento.

Publicado o

POR
Redacción
- Advertisement -

A presentación de Pilar Eyre forma parte das numerosas actividades que Librería Agrasar planificou en conmemoración do seu 25 aniversario, “nun esforzo por brindar experiencias literarias excepcionais a Monforte de Lemos e a Ribeira sacra.”

Ademais do seu traballo xornalístico, Pilar Eyre é unha autora exitosa con obras literarias que abarcan xéneros que van desde a novela ata a biografía e a crónica social. Algúns dos seus títulos inclúen “Mi color favorito es verte”. (finalista do Premio planeta), “Yo, el rei”, e “La soledad de la reina”.

O libro “De Amor e de Guerra”, editado por Planeta, ten a seguinte sinopse: Unha guerra separou as súas vidas. Outra uniunas de novo. Agora deben percorrer o difícil camiño da reconciliación. Un retrato duro, pero enternecedor, da guerra civil narrado desde a emoción e o amor.

ÚLTIMAS

Unha fin de semana para gozar do ‘Caldo de ósos’

Onte, venres 13, inaugurábase a exposición de fotos antigas “O legado que nos une”...

O PP de Monforte reclama ao pleno unha zona de baño pública para este verán

Dende o PP de Monforte insisten na necesidade de ofrecer unha alternativa gratuíta de...

‘CARNABAR’, a nova e festeira ocorrencia do ‘Colectivo Vermut’

"Entroido en movemento" ou "Roteiro de Entroido", así se podería definir o CARNABAR, unha...

CSIF alerta da situación da presa de Vilasouto, no Incio

A Central Sindical Independente e de Funcionarios (CSIF), vén de denunciar a "alarmante situación...