HomeCulturaActividades coa Premio Nacional de Poesía, Yolanda Castaño, o 19 de outubro...

Actividades coa Premio Nacional de Poesía, Yolanda Castaño, o 19 de outubro na Pobra do Brollón

Este xoves, 19 de outubro, Yolanda Castaño, recentemente distinguida co Premio Nacional de Poesía 2023, así como co Premio da Cultura Galega na categoría de Letras, visitará o concello da Pobra do Brollón a través do programa Ler conta moito.

Publicado o

POR
Redacción
- Advertisement -

A poeta impartirá dúas actividades, ambas enmarcadas no programa Ler Conta Moito da Xunta de Galicia. A actividade de mañá será no colexio da Pobra do Brollón e consistirá nun contacontos en verso baseado nas obras da autora dirixidas a público infantil.

A segunda actividade será ás 18:00 da tarde, dirixida a público adulto, na Casa da Cultura ‘Olga Novo’. Consistirá nunha charla aderezada con anécdotas e poemas, na que Castaño contará como analizou e superou prexuízos e actitudes patriarcais, abríndose paso na profesión como muller, galega e poeta dende tan só 17 anos.

A visita de Yolanda Castaño non é o único evento cultural programado na Pobra do Brollón esta semana. O sábado, 21 de outubro, a Asociación veciñal de Parada dos Montes organiza a proxección do premiado documental do chantadino David Vázquez, O último de Arganeo, centrado na vida e reflexións do mozo pastor leonés, Edilberto Rodríguez. Será con entrada libre ás 19:30 na parroquia de Parada dos Montes.

ÚLTIMAS

Chantada reparte máis de 1.000 árbores para potenciar a reforestación

Así este 5 de xuño e aproveitando a celebración do día de feira, o...

Roberto Castro: “A xente vén pola cereixa e quédase e repite porque lles gusta tamén a zona da praia fluvial”

A festa terá lugar na praia fluvial de San Clodio e contará coa participación...

Os premios literarios Xosé de Arxeriz entregaranse o 12 de xuño

O I Certame Literario Xosé de Arxeriz, dirixido ao alumnado do último ciclo de...

Chantada divulga os seus recursos turísticos en Festur ata o 7 de xuño

Ata o 7 de xuño, Silleda é unha vez máis o punto de encontro...