HomeCultura"Unha inimiga do pobo" de Talía Teatro, o 26 de outubro no...

“Unha inimiga do pobo” de Talía Teatro, o 26 de outubro no Multiusos de Monforte

O teatro volve a Monforte esta semana. Dentro do Ciclo da Rede de Teatros e Auditorios da Xunta, este xoves, 26 de outubro, ás 20:15 no Edificio Multiusos terá lugar a posta en escena da obra para adultos "Unha inimiga do pobo", da compañía Talía Teatro.

Publicado o

POR
Redacción
- Advertisement -

A obra dirixida a público adulto, cun prezo de 5 euros a entrada xeral e de 3 euros para estudantes, desempregados e xubilados. Unha inimiga do pobo é a adaptación dunha das pezas máis significativas da literatura dramática universal. Cento corenta anos despois da súa creación, o texto de Henrik Ibsen segue a servir de material inflamable para denunciar unha forma de facer política que antepón os beneficios económicos sobre a saúde da poboación, ao tempo que permite reflexionar sobre o poder dos medios de comunicación á hora de moldear a opinión pública e colocala no lugar no que ao poder lle interesa. A rabiosa actualidade do texto próbase ao descubrir como os problemas incipientes que o protagonista afrontaba no século XIX volvéronse máis profundos e daniños no século XXI.

A seguinte obra do ciclo de teatro para adultos programado polo concello de Monforte será O porco de pé da compañía Producións Teatrais Excéntricas que terá lugar o xoves, 9 de novembro, no Edificio Multiusos ás 20:15 h, sendo o prezo da entrada xeral de 5 euros e de 3 euros para estudantes, desempregados e xubilados.

ÚLTIMAS

Unha fin de semana para gozar do ‘Caldo de ósos’

Onte, venres 13, inaugurábase a exposición de fotos antigas “O legado que nos une”...

O PP de Monforte reclama ao pleno unha zona de baño pública para este verán

Dende o PP de Monforte insisten na necesidade de ofrecer unha alternativa gratuíta de...

‘CARNABAR’, a nova e festeira ocorrencia do ‘Colectivo Vermut’

"Entroido en movemento" ou "Roteiro de Entroido", así se podería definir o CARNABAR, unha...

CSIF alerta da situación da presa de Vilasouto, no Incio

A Central Sindical Independente e de Funcionarios (CSIF), vén de denunciar a "alarmante situación...