InicioCulturaConcerto de violín de Jaime Naya o 11 de novembro en Sober

Concerto de violín de Jaime Naya o 11 de novembro en Sober

A actuación está organizada polo concello de Sober e as Xuventudes Musicais da localidade. Terá lugar no Centro Sociocultural a partir das 19:30 horas con entrada libre.

Publicado o

POR
Redacción
- Advertisement -

Este recital tratará de ofrecer ao público un breve repaso pola historia do repertorio do violín só, pasando por diferentes épocas e estilos, e mostrando como en cada un deles fóronse explorando e experimentando paulatinamente as capacidades do instrumento. Así, presentaranse obras desde o Barroco ata o século XX, de grandes referentes para o repertorio violinístico: Bach, Paganini, Ysaÿe e Corigliano.

Jaime Naya, inicia os seus estudos musicais á idade de cinco anos na Escola de Alto Rendemento Fatkulin Academy, bolseiro pola Comunidade de Madrid, e paralelamente obtén o Título Profesional de Música na Especialidade de Violín con Premio Fin de Grao e Premio Especial de Música da CAM en 2013.

Desde o comezo da súa formación participou en numerosos cursos de perfeccionamento e recibe asiduamente masterclass de prestixiosos músicos nacionais e internacionais -Vadim Repin, Mihaela Martin, Kirill Troussov, Pavel Vernikov, Giorgi Dimchevski, Massimo Spadamo, Sergei Fatkulin, Mikhail Ovrutsky, Tatiana Samouil. Recentemente finalizou os seus estudos no Centro Superior de Música Katarina Gurska, bolseiro nos cinco últimos anos tras obter o Primeiro Premio no Concurso ao Talento Musical da Fundación Katarina Gurska.

Desde os 10 anos cultivou numerosos premios dentro e fóra de España. Debuta no ano 2015 como solista no Auditorio Nacional acompañado pola Orquestra Sinfónica JMJ, onde tamén actuou en posteriores ocasións, a última delas en maio de 2021. Así mesmo, foi solista no Palau da Música de Barcelona, o ADDA de Alacante ou o Auditorio Miguel Delibes de Valladolid.

Programa

  • Johann Sebastian Bach: Adagio de Sonata nº1 BWV 1001 / Chaconne  de Partita nº2 BWV 1004
  • Niccolò Paganini: Nel Cor Piú Non Mi Sento MS 44
  • Eugène Ysaÿe: Sonata nº3 op.27 / Sonata nº6 op.27
  • John Corigliano: Los caprichos del Violín Rojo

ÚLTIMAS

Pintores de Carballedo, nacer en Carballedo ten o seu aquel artístico

Xosé Randolfe Vilariño é un dos ilustres de Carballedo, nado no lugar de Quintá...

Unanimidade no Parlamento para demandar ao Goberno de España a execución das variantes ferroviarias dos Peares e Rubián

O autor da iniciativa, José Manuel Balseiro, lembrou que son “infraestruturas proxectadas no seu...

A segunda etapa do Gran Camiño pasará por Taboada e Chantada o 23 de febreiro

A volta ciclista profesional “O Gran Camiño”, que por terceiro ano traerá a Galicia...

Exposición do pintor Gregorio Huerta del Río, o “pintor das uvas”, no centro do viño da Ribeira Sacra

O Alcalde, José Tomé Roca, acompañado pola Primeira Tenente de Alcalde, Gloria Prada, o ...