HomeCulturaO Pazo de Tor convértese no centro de educación en museoloxía social...

O Pazo de Tor convértese no centro de educación en museoloxía social da RMPL para Iberoamérica

A Área de Cultura da Vicepresidencia da Deputación de Lugo, a través da Rede Museística Provincial de Lugo, desenvolve este luns, 13 de novembro, de 10:30 a 18:30, no Museo Pazo de Tor, un módulo formativo para avaliar o impacto real dos procesos de museloxía social na comunidade.

Publicado o

POR
Redacción
- Advertisement -

Esta actividade é continuación dun curso desenvolto o pasado ano para abordar estratexias, crear a folla de ruta para programar co obxecto de buscar a sustentabilidade como museoloxía social. Nesta ocasión avalíase o impacto na comunidade das actividades desenvoltas, “Este curso de formación pretende avaliar todo o que facemos desde os museos. Todo son aprendizaxes en movemento, polo tanto todo é educación. É a ferramenta que nos permitiu traballar a accesibilidade, a integración, a inclusión, a igualdade… co obxectivo da sustentabilidade”, destaca Encarna Lago, xerente da Rede Museística Provincial de Lugo.

A xornada estará guiada por Eloísa Pérez Santos, profesora de avaliación psicolóxica da Universidade Complutense de Madrid e investigadora de públicos de museos, que tratará cuestións como a humanización dos datos, a importancia de obxectivos e indicadores ben definidos,… Todo para reflexionar sobre o museo que se quere conseguir.

Xornadas Pedagóxicas en Tor

Este tipo de actividades fanse en dúas modalidades, presencial e online; unha proposta de coñecemento aberto dirixida a toda a comunidade iberoamericana da Rede Museística, que este ano xira arredor do lema “Museos, sustentabilidade e benestar”. A Rede abre así a súa comunidade de aprendizaxe e incorporarse a ela permite acceder ás propostas do programa Estratexias de Museoloxía Social 2023, un proceso de reflexión e aprendizaxe colectiva coordinado desde BenCuriosa – Implementa Cultura Accesible.

Acudirán ao Museo Pazo de Tor unha vintena de participantes, o aforo é limitado por cuestións de conservación patrimonial; pero online coa participación de Iberoamérica súmanse xa 700 participantes entre esta edición e a do pasado ano.

Museo Pazo de Tor, xornadas pedagóxicas / XdL

“Queremos avaliar o impacto da museoloxía social, medir a transformación social que se fai cos programas e proxectos que se levan a cabo na RMPL. Conseguimos que as persoas con discapacidade traballen, conseguimos traballar coa comunidade emigrante, coas mulleres rurais,… todos os eixos das desigualdades de modo transversal. A museoloxía social é un camiño, un proceso, e queremos saber se o estamos facendo ben”, sinala Encarna Lago.

Este tipo de xornadas encádranse ademais na proxección externa que desenvolve a RMPL neste final de ano para dar a coñecer as actividades de sustentabilidade que levan a cabo máis alá dos museos.

ÚLTIMAS

OPINIÓN: Aval definitivo ao “valor de referencia”

QUE É O VALOR DE REFERENCIA? Comecemos polo principio abordando brevemente que é isto do...

“As desterradas”, obra dirixida por Quico Cadaval, hoxe en Monforte

A función, organizada polo Concello de Monforte a través do circuíto da Rede Galega...

Como reacciona a oposición de Monforte á dimisión da concelleira de Igualdade, Margarita López?

A voceira popular en Monforte, Katy Varela, lembra que reclamaron desde o comezo a...

Recepción en Monforte ao novo Tenente Xefe do Destacamento de Tráfico

O rexedor, que estivo acompañado pola tenente alcalde, Gloria Prada, deulle á benvida á...