HomeCulturaIntensa actividade da Irmandade Cultural País do Faro para rematar o ano

Intensa actividade da Irmandade Cultural País do Faro para rematar o ano

Este remate de ano ven cargado de presentacións de libros organizadas pola Irmandade Cultural País do Faro.

Publicado o

POR
Redacción
- Advertisement -

A primeira cita desenvolverase este sábado, 18 de novembro. ÁS 20:30 no Casino de Chantada, Juan Manuel López presentará “Las lágrimas que esconde el mar”. O autor estará acompañado por Andrés Pavón, Secretario da Irmandade Cultural País do Faro. As seguintes propostas son:

  • “A inmoral doutora Cons”, de Roberto Fernández Álvarez. No Casino de Chantada o venres 24 de novembro ás 20,30 horas. O autor estará acompañado polo escritor Luís González Tosar, o crítico literario Xosé Manuel Eyré e o pintor Xosé Randolfe.
  • “Alicerces. Revista de estudos do Miño medio. Tomo VIII”. Editado pola Irmandade Cultural País do Faro. No Auditorio Municipal de Chantada o sábado, 2 de decembro, a partir das 20,30 horas. O acto será presentado polo profesor, Fernando Carlos Varela
  • “El Cambiazo”. De Xaquín López. Terá lugar no Casino de Chantada en data aínda por concretar pero na segunda quincena de decembro

ÚLTIMAS

“Agosto astronómico” para o turismo en Chantada

A Oficina Municipal de Turismo do Concello de Chantada recibiu 5.365 visitantes no pasado...

O viños da Ribera Sacra na Barcelona Wine Week do 2 ao 4 de febreiro

O Consello Regulador da Denominación de Orixe Ribeira Sacra participará por segundo ano consecutivo...

Do 2 ao 13 de febreiro Monforte convoca concurso de axudas para a confección de traxes medievais

O Concello ten solicitado a declaración de Feira de Interese Turístico Galego para esta...

‘El Monasterio de San Vicente del Pino y su colección diplomática’, interesante charla histórica en Monforte

A Casa da Cultura Poeta Lois Pereiro de Monforte de Lemos acolle o venes...