HomeCulturaSegredos de Pantón convida a un 'Concerto de Nadal'

Segredos de Pantón convida a un ‘Concerto de Nadal’

Será o 16 de decembro na Igrexa de Santa María de Tuiriz.

Publicado o

POR
Redacción
- Advertisement -

O vindeiro sábado 16 de decembro ás 17 h. a entidade dinamizadora Segredos de Pantón convida a un concerto na Igrexa de Santa María de Tuiriz.

Da man do dúo ALENDALÚA os asistentes poderán viaxar á Idade Media grazas aos temas musicais que estarán no repertorio desta formación composta por Irma Fernández Alonso e Juan Manuel Vázquez. Entre as pezas, haberá lugar para Cantigas de Santa María e panxoliñas do Cancioneiro de Palacio.

O evento está organizado por Segredos de Pantón conxuntamente coa asociación sociocultural “Tuiriz con U”, e conta coa colaboración da Diócese de Lugo.


A entrada é de balde e non hai que anotarse, tendo ademais un remate moi doce, con chocolatada para todas e todos. A ubicación da igrexa onde se realizará o concerto é a seguinte: https://maps.app.goo.gl/dHAAkdTnJrNtrv6g7

ÚLTIMAS

‘CARNABAR’, a nova e festeira ocorrencia do ‘Colectivo Vermut’

"Entroido en movemento" ou "Roteiro de Entroido", así se podería definir o CARNABAR, unha...

CSIF alerta da situación da presa de Vilasouto, no Incio

A Central Sindical Independente e de Funcionarios (CSIF), vén de denunciar a "alarmante situación...

2,5M€ para mellorar as estradas da provincia

En Sober adxudicouse á empresa Fevisa Vías y Obras SL a mellora de sete...

Celebración do ‘Xoves de Comadres’ en Monforte

Nun día de tregua no que a choiva se refire, as rúas do centro...