HomeCulturaFoliada Guímara, o 25 de novembro en Lamaigrexa

Foliada Guímara, o 25 de novembro en Lamaigrexa

O evento comeza ás 20:00 h no local social con actuación do Dúo Periférico, antes de dar paso á foliada libre. O sábado tamén haberá ademais treatro ambulante en Salcedo e o domingo pecharase o Ciclo Mestre Mateo co documental No somos nada, ás 19:00 h na Casa da Cultura ‘Olga Novo’.

Publicado o

POR
Redacción
- Advertisement -

Este sábado, 25 de novembro, será Lamaigrexa a parroquia anfitrioa dunha nova Foliada Guímara, iniciativa do concello da Pobra do Brollón en colaboración coas asociacións veciñais do municipio. A cita ás 20:00 h no local social, haberá barra e mais caldo, para o que dende a organización animan aos asistentes a levar cunca e culler

As Foliadas Guímaras xorden coa intención de descentralizar a oferta cultural e lúdica do concello da Pobra do Brollón, así como de brindarlle ao alumnado da Escola municipal de Música ‘Samoeiro’ a oportunidade de poñer en práctica o aprendido nas clases nun contexto de foliada.

Outras citas culturais

Outra iniciativa que leva a oferta cultural ás parroquias é o Teatro Ambulante, cunha serie de obradoiros que rematan este sábado en Salcedo. A actividade está dirixida a persoas adultas que sintan a curiosidade de iniciarse no mundo da interpretación a través do xogo teatral e a improvisación. 

O obradoiro terá lugar de 10:00 a 13:00 h a cargo de Merche Pérez. Para anotarse é preciso contactar coa Asociación Veciñal de Salcedo no teléfono 626449829. A iniciativa do Teatro Ambulante enmárcase no proxecto ‘Mundo rural, mundo cultural’ que conta con financiamento da área de Cultura da Vicepresidencia da Deputación de Lugo.

O domingo continúa a oferta cultural coa última proxección do Ciclo Mestre Mateo, o documental No somos nada, ás 19:00 h na Casa da Cultura ‘Olga Novo’.

O filme, finalista a mellor documental nos Premios Mestre Mateo, revive 40 anos de historia da lendaria banda de punk vasca, La Polla Records, a través do relato do seu carismático vocalista, Evaristo Páramos. O Ciclo Mestre Mateo é impulsado pola Academia Galega do Audiovisual co apoio da Vicepresidencia da Deputación de Lugo para difundir o mellor cine galego actual.

ÚLTIMAS

Roberto Castro: “A xente vén pola cereixa e quédase e repite porque lles gusta tamén a zona da praia fluvial”

A festa terá lugar na praia fluvial de San Clodio e contará coa participación...

Os premios literarios Xosé de Arxeriz entregaranse o 12 de xuño

O I Certame Literario Xosé de Arxeriz, dirixido ao alumnado do último ciclo de...

Chantada divulga os seus recursos turísticos en Festur ata o 7 de xuño

Ata o 7 de xuño, Silleda é unha vez máis o punto de encontro...

20 alumnos fórmanse no obradoiro de emprego Os Soutos II que comparten Láncara, Paradela e Samos

A Xunta destina 454.500 euros a financiar o obradoiro dual de emprego Os Soutos...