HomeCulturaExposición do pintor Gregorio Huerta del Río, o “pintor das uvas”, no...

Exposición do pintor Gregorio Huerta del Río, o “pintor das uvas”, no centro do viño da Ribeira Sacra

A mostra, que conmemora os 100 anos do nacemento do artista, está composta por 20 cadros cuxos motivos principais son as uvas e as vides. O Concello de Monforte colaborou no patrocinio desta exposición, organizada por Abrentis e o Centro do Viño.

Publicado o

POR
redaccion
- Advertisement -

O Alcalde, José Tomé Roca, acompañado pola Primeira Tenente de Alcalde, Gloria Prada, o  Concelleiro de Servizos, José Luís Losada, inaugurou no Centro do Viño a exposición do pintor Gregorio Huerta del Río, que  permanecerá aberta para todos os públicos ata o vindeiro luns, 8 de xaneiro, de 2024.

O Alcalde destacou a importancia de acoller esta exposición en Monforte xa que o “pintor aborda en moitos dos seus cadros a temática das uvas, polo que conecta directamente coa importancia que os sector do viño ten na nosa comarca e na Ribeira Sacra, que está a conseguir cada vez poñer no mercado viños de máis calidade”.

Gregorio Huerta del Río, 1923-2014, (Avenales, Asturias / Soria) foi un pintor que estivo afincado en Madrid. Ten tras de si unha longa traxectoria vital vinculada a algunhas das figuras máis destacadas do século XX, como Salvador Dalí, ó que acompañou en numerosas exposicións internacionais, ou Francisco Franco, ao que retratou nunha das súas obras máis coñecidas.

Destacan a calidade dos bodegóns que pintou; por iso é coñecido como «pintor das uvas», un tema recurrente na maioría das súas obras.

Huerta del Río abandonou a súa carreira militar para dedicarse de maneira total á pintura, sendo discípulo de Dalí en París, onde tamén coñeceu a Gala, da que, asevera, “fomos amantes, Dalí sabíao e consentíao, Os tres fixemos unha viaxe a través de EE UU”.

ÚLTIMAS

Xanela, empresa de telecomunicacións de Chantada, superou os 16.000 clientes de fibra rural no 2025

A empresa de telecomunicacións Xanela, con sede en Chantada, vén de adiantar datos económicos...

O IES A Pinguela estrea Aula Tech Beauty despois do Nadal

As obras de adaptación dos espazos e a instalación do equipamento tecnolóxico previsto xa...

A Casa da Cultura de Chantada acolle a exposición dos traballos do Programa de Pintura

A Casa da Cultura de Chantada acolle ata o 12 de xaneiro de 2026...

Teatro en Monforte o 26 e 30 de decembro

O ciclo de citas teatrais comezou o día 23, con “Nadal en prácticas”, da...