HomeCulturaConcerto da soprano, Aida Gimeno, o 9 de decembro en Sober

Concerto da soprano, Aida Gimeno, o 9 de decembro en Sober

O concerto, vai estar protagonizado pola soprano, Aida Gimeno, e o pianista, Carlos Sanchís, Aguirre. Terá lugar o sábado día 9 de decembro no Centro Sociocultural de Sober a partir das 19:30 horas con entrada libre.

Publicado o

POR
Redacción
- Advertisement -

O Concello de Sober e as Xuventudes Musicais organizan esta proposta que achega ao Centro Sociocultural, “Souvenirs” en forma de canción, unha mostra da canción española e a mélodie française do XVIII e XIX, cando París era un dos centros mundiais da arte.

O concerto propón unha viaxe musical partindo da forte influencia do cabaret en Poulenc, continúase coa profunda obra de Duparc. Pasarase por compositores cataláns, Mompou e Montsalvatge, con este último reflectindo a presenza do colonialismo nas correntes artísticas a través das influencias antillanas. O programa péchase no último bloque cunha canción moi especial de Rodrigo, Adela, e culmínase coas 7 cancións populares, unha viaxe a través das raíces do folclore español construído maxistralmente por Falla.

Programa:

  • Francis Poulenc: Les chemins de l’amour
  • Henri Duparc: Chanson triste / Soupir / Au pays où se fait la guerre
  • Cécile Chaminade: La lisonjera, op.50Frederic Mompou: Damunt de tu només les flors, de Combat del somni
  • Xavier Montsalvatge: Cinco canciones negras
  • Joaquín Turina: Dedicatoria, de Poema en forma de canciones op. 10
  • Joaquín Rodrigo: Adela, de Doce canciones españolas
  • Manuel de Falla: Siete canciones populares españolas

A soprano

A soprano segoviana, Aida Gimeno García, debuta recentemente no Palau da Música de Barcelona dentro do ciclo, O Primeiro Palau, obtendo o 2º accésit e o premio de Mocidades Musicais de Cataluña á mellor interpretación de compositor catalán. Protagonizou tamén en outubro de 2022 a produción central da tempada da Ópera de Vigo, interpretando o rol de Alice Ford en Falstaff. Durante a pasada tempada foi a única española invitada ao concurso internacional Operalia, celebrado en Moscova, e uniuse ao programa Crescendo para mozos cantantes, do Teatro Real de Madrid.

Formada no Conservatorio Superior de Salamanca e na Guildhall School of Music and Drama de Londres con Sarah Pring, durante este período debuta no Barbican Hall de Londres interpretando música checa de Dvorák. Entre 2019 e 2021 forma parte do Centre de Perfeccionament Plácido Domingo de Valencia onde ten a oportunidade de debutar roles como Vier Magd e Vertraute en Elektra, Delia en Il Viaggio a Reims, Alice Ford en Falstaff ou o papel protagonista de Violante en Il Tutore Burlato. Traballa con recoñecidos directores de escena como Robert Carsen, Emilio Sagi ou Damiano Michieletto e con directores de orquestra como James Gaffigan, Marc Albrecht ou Daniele Rustioni. Debuta como solista coa orquestra e coro da Comunitat Valenciana baixo a batuta de Michele Mariotti, interpretando o Gloria de Poulenc, con gran éxito de público e crítica.

ÚLTIMAS

O Club de Baloncesto Sarria presenta aos seus equipos

O club conta actualmente con 15 equipos federados, oito masculinos e sete femininos, que...

O PP denuncia o “abandono” das estradas provinciais de Ribas de Sil

Segundo denuncian os populares, a LU-P-5303, está totalmente agretada e ten zonas moi rotas...

O Colexio Escolapios de Monforte estará na fase nacional da VI Ciberliga

O equipo formado por Pau López, Xavier Velázquez, Sergio Méndez, Adrián Rodríguez e Mauro...

Aberto o prazo de reservas para as rutas en catamarán pola Ribeira Sacra

As persoas interesadas en realizar estas viaxes poden adquirir os seus billetes a través...