HomeCulturaQuiroga propón actividades para un Nadal en familia

Quiroga propón actividades para un Nadal en familia

Co acendido do alumeado das rúas quiroguesas, esta semana, abriuse oficialmente o Nadal en Quiroga. O colorido das rúas, da fachada da casa consistorial e da praza España, marca o inicio das actividades que o concello organiza para estas festas.

Publicado o

POR
Redacción
- Advertisement -

Entre as numerosas  actividades organizadas podemos atopar moitas específicas para os máis pequenos como a visita de Papá Noel o día 23, teatro para público infantil como “Contos de Caberna” a cargo de Lîla Teatro baixo a colaboración da Vicepresidencia da Deputación de Lugo, o día 27; ou a Festa de Inchables no Pavillón Municipal o 3 e o 4 de xaneiro.

Outras específicas para os máis maiores como a tradicional cea de Nadal o día 16 ou unha xornada de bingo o día 28.

Os máis deportistas poderán participar no Torneo de Nadal de fútbol sala entre o 26 e o 29 de decembro ou na carreira solidaria San Silvestre do día 31.

Pero sobre todo haberá actividades para participar en familia, algo moi arraigado nestas datas. O Concerto de Nadal coa actuación da Coral Polifónica de Quiroga, o día 16; a representación da obra teatral “Nunca é tarde para o Amor”, do grupo de teatro Augas do Sil, o día 28;  a tradicional Cabalgata de Reis o día 5 de xaneiro ou o espectáculo “Unha noite no trigo”, a cargo do grupo La Oca contando coa colaboración da Dirección Xeral de Política Lingüística e que poñerá fin ao Nadal en Quiroga o día 6 de xaneiro.

ÚLTIMAS

Xanela, empresa de telecomunicacións de Chantada, superou os 16.000 clientes de fibra rural no 2025

A empresa de telecomunicacións Xanela, con sede en Chantada, vén de adiantar datos económicos...

O IES A Pinguela estrea Aula Tech Beauty despois do Nadal

As obras de adaptación dos espazos e a instalación do equipamento tecnolóxico previsto xa...

A Casa da Cultura de Chantada acolle a exposición dos traballos do Programa de Pintura

A Casa da Cultura de Chantada acolle ata o 12 de xaneiro de 2026...

Teatro en Monforte o 26 e 30 de decembro

O ciclo de citas teatrais comezou o día 23, con “Nadal en prácticas”, da...