HomeCulturaXXIII Mostra de Panxoliñas de Monforte, este 20 de decembro ás 18:00

XXIII Mostra de Panxoliñas de Monforte, este 20 de decembro ás 18:00

A cita será no Edificio Multiusos de Monforte coa participación dos seguintes centros de ensino: - Colexio PP. Escolapios - Fundación Educativa Torre de Lemos - Colexio P. Ferroviario - CEE Infanta Elena

Publicado o

POR
Redacción
- Advertisement -

Este mércores, 20 de decembro, ás 18:00 horas e no Edificio Multiusos, nenas e nenos de diferentes centros de ensino da cidade interpretarán composicións musicais de Nadal dentro da XXIII Mostra de Panxoliñas para Centros de Ensino do Concello de Monforte de Lemos, organizada dende a Concellería de Cultura.

A mostra, que se desenvolve en todas as edicións con grande éxito, chega este ano á súa vixésima terceira convocatoria e ten como fin espertar a afección ó canto coral e á música entre os nenos e nenas dos centros de ensino da cidade.

Programa XXIII Mostra de Panxoliñas

  • INFANTA ELENA, “Cantiga do Apalpador”, a cargo de alumnos e alumnas do CEE
  • COLEXIO FERROVIARIO, “Bienvenida Navidad”, a cargo de alumnos e alumnas de Educación infantil
  • FUNDACIÓN EDUCATIVA TORRE DE LEMOS, “¡Ay Dios mío!”, a cargo de alumnos e alumnas de Educación infantil
  • COLEXIO PP. ESCOLAPIOS, “Aleluya”, a cargo do coro de Primaria
  • FUNDACIÓN EDUCATIVA TORRE DE LEMOS, “Eso que tú me das”, a cargo de alumnos e alumnas de Educación primaria
  • COLEXIO P. FERROVIARIO, “Carol of the bells”, a cargo de alumnos e alumnas de Educación primaria

ÚLTIMAS

Celebración do ‘Día das Bibliotecas’ cunha intensa xornada de actividades culturais no Saviñao

Con motivo da celebración do Día das Bibliotecas, a Biblioteca Pública Municipal do Saviñao...

“Artur Ui, o ovo da serpe”, este 22 de outubro no Multiusos de Monforte

A función enmárcase na programación cultural impulsada polo Concello de Monforte a través da...

En marcha o estendido do aglomerado na estrada provincial que vai de Mundín a Taboda por Adá

Os traballos centráronse esta semana no fresado do firme e no estendido dunha nova...

Máis de 1.400 inscritos e 8 casas do terror no QuiMedo que se celebra este 24 de outubro

O pavillón municipal, será unha vez máis o centro neurálxico do QuiMedo. Abrirá a...