HomeCultura375.000 euros para actividades culturais, equipamento ou mellora de locais sociais

375.000 euros para actividades culturais, equipamento ou mellora de locais sociais

Publicada no BOP a resolución definitiva das axudas a asociacións e colectivos culturais da Vicepresidencia da Deputación.

Publicado o

POR
Redacción
- Advertisement -

O BOP deste martes 19 de decembro contempla a listaxe definitiva das axudas de concorrencia competitiva para colectivos e asociacións culturais da Vicepresidencia da Deputación de Lugo.

Finalmente foron concedidas 338 axudas para a organización de actividades culturais e para investimentos en equipamento e mellora de locais sociais, cun importe total de 375.000 euros. O importe das achegas oscila entre os 500 e os 3.000 euros.

PROPOSTAS SUBVENCIONADAS

Entre as propostas financiadas esta anualidade inclúense clases de música e baile tradicional, obradoiros de teatro, narración oral ou pintura, documentais, publicación en papel, certames, xornadas sobre historia ou patrimonio, celebracións populares e outras actividades que poñen en valor as tradicións e o patrimonio inmaterial.

As axudas para investimentos centráronse na adquisición de moblaxe e materiais de uso técnico ou artístico necesario para o uso social e cultural dos locais das asociacións.

A deputada Iria Castro lembrou que “dende a área de Cultura case se dobrou o orzamento respecto a anos anteriores, o que permitiu, ao mesmo tempo, practicamente duplicar o número de asociacións beneficiarias” engadindo ademais que “estas iniciativas permiten garantir o acceso á cultura en todo o territorio, así como o uso da lingua e a promoción do patrimonio”.

ÚLTIMAS

O IES A Pinguela estrea Aula Tech Beauty despois do Nadal

As obras de adaptación dos espazos e a instalación do equipamento tecnolóxico previsto xa...

A Casa da Cultura de Chantada acolle a exposición dos traballos do Programa de Pintura

A Casa da Cultura de Chantada acolle ata o 12 de xaneiro de 2026...

Teatro en Monforte o 26 e 30 de decembro

O ciclo de citas teatrais comezou o día 23, con “Nadal en prácticas”, da...

Cousas Xacobeas: O Camiño na parroquia de Meixente: Mouzós e O Sisto (I)

Esta parroquia aparece denominada na Idade Media como “Castelo”, nome que perdura no topónimo referenciado perto do...