HomeCultura375.000 euros para actividades culturais, equipamento ou mellora de locais sociais

375.000 euros para actividades culturais, equipamento ou mellora de locais sociais

Publicada no BOP a resolución definitiva das axudas a asociacións e colectivos culturais da Vicepresidencia da Deputación.

Publicado o

POR
Redacción
- Advertisement -

O BOP deste martes 19 de decembro contempla a listaxe definitiva das axudas de concorrencia competitiva para colectivos e asociacións culturais da Vicepresidencia da Deputación de Lugo.

Finalmente foron concedidas 338 axudas para a organización de actividades culturais e para investimentos en equipamento e mellora de locais sociais, cun importe total de 375.000 euros. O importe das achegas oscila entre os 500 e os 3.000 euros.

PROPOSTAS SUBVENCIONADAS

Entre as propostas financiadas esta anualidade inclúense clases de música e baile tradicional, obradoiros de teatro, narración oral ou pintura, documentais, publicación en papel, certames, xornadas sobre historia ou patrimonio, celebracións populares e outras actividades que poñen en valor as tradicións e o patrimonio inmaterial.

As axudas para investimentos centráronse na adquisición de moblaxe e materiais de uso técnico ou artístico necesario para o uso social e cultural dos locais das asociacións.

A deputada Iria Castro lembrou que “dende a área de Cultura case se dobrou o orzamento respecto a anos anteriores, o que permitiu, ao mesmo tempo, practicamente duplicar o número de asociacións beneficiarias” engadindo ademais que “estas iniciativas permiten garantir o acceso á cultura en todo o territorio, así como o uso da lingua e a promoción do patrimonio”.

ÚLTIMAS

O PSdeG de Sarria reclama ao Goberno local que informe de inmediato ao sector sobre a situación do matadoiro

O voceiro socialista en Sarria, Benjamín Escrontela criticou que o Goberno local de Claudio...

Intensa actividade promocional da D.O. Ribeira Sacra

O Consello Regulador da D.O. Ribeira Sacra impulsa este mes de xuño unha destacada...

“Non me gusta o fútbol moderno e non me gusta o VAR!”, ‘Chura’, exadestrador do C.D. Brollón

Juan Carlos Gallardo Martínez, coñecido popularmente como ‘Chura’, rematou a tempada como adestrador do...

Monforte celebra o San Antonio

O día grande das festas e xornada de gran tradición no barrio de San...