HomeCulturaO Apalpador visitará Quiroga o día 23 pola mañá

O Apalpador visitará Quiroga o día 23 pola mañá

O Apalpador, chegado das montañas do Courel, visitará Quiroga para facer un percorrido por diferentes rúas da vila acompañado do seu amigo Servando Barreiro, un músico que tocará a concertina –un pequeno acordeón—anunciando a súa presenza.

Publicado o

POR
Redacción
- Advertisement -

Está previsto que saia ás 11:30 h. de diante da Casa da Cultura, para despois ir á Praza Maior, á Praza España, percorrer a Rúa Real, parar tamén na Praza Rúa Lago e rematar no punto de partida. Alí, ás 12:30 h. contará uns contos ata as 13:00 h. no Salón de Actos.

“Hai anos que o convidamos a vir a Quiroga e non foi posible. E este ano, tendo máis datas libres por mor de caer esta proposta da programación cultural de Nadal da Deputación de Pontevedra, atopamos oco”, comenta Xosé Manuel Fernández, concelleiro de Quiroga e responsable local do BNG. “Esperamos que a xente se anime a seguilo polas rúas quiroguesas, e a escoitar as súas historias na Casa da Cultura”, engade.

O Apalpador

Na montaña lucense, e entre outros vales, no do Courel, atópase un carboeiro vello e rexo que apalpa a barriga dos nenos. Ata hai ben pouco case nada se sabía da figura deste ser mítico: o Apalpador. Está sempre descrito coma un home grande, groso, barbudo e chega nas noites de Nadal e Fin de Ano. Pero non é Santa Claus ou Papa Noël. Tampouco ten nada que ver cos Reis Meigos, aínda que todos eles comparten un fin común: aledar aos máis pequenos da casa.

Segundo a tradición, o Apalpador vive na montaña e o seu oficio é carboeiro. É forte e grande, usa boina, unha chaqueta vella e remendada, fuma en pipa e aliméntase con abruños salvaxes e da carne de xabaril que caza no monte. Esa é máis ou menos a imaxe que lembra a xente maior a partir das historias que lles contaban os seus avós.

ÚLTIMAS

‘A Galeguiña’, da marca monfortina Gemma & Naza Cheesecakes, mellor Torta de Queixo de Galicia 2026

A torta premiada, bautizada como "A Galeguiña", nace cunha idea moi clara: render homenaxe...

Educación ambiental e baloncesto co proxecto ‘Ningún Aro Sen Rede’

De Lugo a Escairón, pasando por Monforte de Lemos e Antas de Ulla. A...

Folgoso do Courel homanexeu a súa castaña

A celebración é un importante punto de encontro para veciños e visitantes, cunha gran...

O PP esixe o arranxo urxente da LU-P-4112 en Pantón para garantir a seguridade do transporte escolar

Os deputados do Grupo Provincial Popular advirten a PSOE e BNG, tralo anuncio de...