HomeCulturaEntrega de premios do XXVIII Certame Literario Manuel Oreste Rodríguez López de...

Entrega de premios do XXVIII Certame Literario Manuel Oreste Rodríguez López de Paradela

A gañadora do premio de poesía, xa coñecida dende meses atrás, foi a escritora Soledad García, e a obra premiada "As palabras son cinzas por soprar".

Publicado o

POR
Redacción
- Advertisement -

O Deputado de Promoción Económica e Social, Pablo Rivera, participou o este xoves en Paradela no acto de entrega de premios do XXVIII Certame Literario Manuel Oreste Rodríguez López.

Pablo Rivera destacou durante o acto, celebrado no Centro Sociocultural que leva o nome dos galardóns, que este certame leva o nome da provincia de Lugo lonxe das súas fronteiras. O anterior, segundo o deputado provincial, “demostra a riqueza cultural e a capacidade dinamizadora do rural”.

O certame literario Manuel Oreste Rodríguez conta con dúas categorías de narrativa e poesía, cun premio de 1.000€ para cada modalidade.

PREMIADOS

O primeiro premio de poesía foi para “As palabras son cinzas por soprar”, de María Soledad García Riveiro, e o segundo para “Os trapecios terreais”, de Xoan X. Piñeiro Cochón. No apartado de narrativa, o primeiro premio foi para “Follas dun caderno de coiro marrón”, de Concepción Fernández López, e o segundo premio de narrativa para “Vamos con todo, Johnny” de Gabriel Estelrich Torrens.

Cómpre salientar tamén que houbo unha mención especial Camiño de Santiago para ‘Verba enxertada’ de Patricia Torrado Queiruga.

ÚLTIMAS

CSIF alerta da situación da presa de Vilasouto, no Incio

A Central Sindical Independente e de Funcionarios (CSIF), vén de denunciar a "alarmante situación...

2,5M€ para mellorar as estradas da provincia

En Sober adxudicouse á empresa Fevisa Vías y Obras SL a mellora de sete...

Celebración do ‘Xoves de Comadres’ en Monforte

Nun día de tregua no que a choiva se refire, as rúas do centro...

Micro Aberto á cultura este 14 de febreiro na cafetería Mon de Monforte

A iniciativa nace dun grupo heteroxéneo de persoas residentes no rural da zona, no...