HomeCulturaA situación Palestina protagoniza unha charla este xoves no centro do viño...

A situación Palestina protagoniza unha charla este xoves no centro do viño da Ribeira Sacra

O encontro deste xoves, 28 de decembro ás 20:00 h. no Centro do Viño da Ribeira Sacra de Monforte está organizado por "AC A Xacia" e "Mar de Lumes".

Publicado o

POR
Redacción
- Advertisement -

O evento ten como obxectivo concienciar sobre a situación en Palestina, instando á poboación a non silenciar o problema e promovendo a solidariedade ante o xenocidio. “Destácase a importancia de abordar o futuro de Palestina como un elemento crucial para os pobos en resistencia contra a axenda imperialista”, sinalan desde a organización.

Mar de lumes é unha organización galega de solidariedade internacionalista que rexeita a inxerencia estranxeira, ben sexa en forma de guerra ou a través doutros medios, menos visíbeis e espectaculares, mais igualmente daniños para os intereses dos pobos intervidos.

As diferentes concentracións que se levaron a cabo en Monforte en favor de Palestina estaban promovidas tamén por Mar de lumes.

ÚLTIMAS

CSIF alerta da situación da presa de Vilasouto, no Incio

A Central Sindical Independente e de Funcionarios (CSIF), vén de denunciar a "alarmante situación...

2,5M€ para mellorar as estradas da provincia

En Sober adxudicouse á empresa Fevisa Vías y Obras SL a mellora de sete...

Celebración do ‘Xoves de Comadres’ en Monforte

Nun día de tregua no que a choiva se refire, as rúas do centro...

Micro Aberto á cultura este 14 de febreiro na cafetería Mon de Monforte

A iniciativa nace dun grupo heteroxéneo de persoas residentes no rural da zona, no...