HomeCulturaEncontro literario con María Oruña e as novelas de misterio

Encontro literario con María Oruña e as novelas de misterio

Baixo o título "La Novela de Misterio, Una Apuesta por el Ingenio", Oruña compartirá as súas reflexións e segredos detrás do seu último libro, "Los Inocentes". A cita será o 2 de xaneiro ás 19:00 h no Ateneo Casino de Monforte de Lemos.

Publicado o

POR
Redacción
- Advertisement -

O fascinante universo da novela de misterio cobra vida nun exclusivo encontro literario coa autora María Oruña. Baixo o título “A Novela de Misterio, unha aposta polo enxeño”, Oruña compartirá as súas reflexións e segredos detrás do seu último libro, “Los Inocentes”.

María Oruña, recoñecida pola súa habilidade para tecer narrativas envolventes, mergullaranos na trama intrigante de “Los Inocentes”. Esta obra, que fusiona misterio e sagacidade, promete levar aos lectores por unha viaxe emocional que desafiará o enxeño de cada lector.

A autora, tamén coñecida polo seu éxito literario “El Bosque de los cuatro vientos”, ambientada no místico Parador de Santo Estevo, sorprendeu coa súa capacidade para mesturar a realidade coa maxia literaria. Curiosamente, a novela  anticipou o achado dos aneis máxicos de Santo Estevo xa que uns tres meses despois da publicación do libro, descubríronse catro dos nove aneis máxicos dos bispos, outorgando un toque de encanto tanxible á historia.

LOS INOCENTES

Faltan dúas semanas para a voda da tenente Valentina Redondo e Oliver Gordon. En plenos preparativos, sorpréndeos a noticia dun atentado masivo no Templo da auga do famoso balneario cántabro de Puente Viesgo.

As instalacións do idílico paraíso de auga estaban ocupadas por un grupo de empresarios, e todo apunta a que o masacre foi perpetrada cunha perigosísima arma química. Valentina terá que cooperar co exército e cun equipo da UCO para resolver o crime. Axiña descubrirán que un cerebro hábil e cruel puxo en marcha unha maquinaria infalible, executando cada un dos seus movementos con extraordinaria frialdade, nun claro desafío á intelixencia e ás habilidades deductivas de Valentina e do propio lector. A tenente Redondo chegará a dubidar dos pasos que debe seguir, porque as sospeitas non tardarán en recaer sobre alguén que xamais viu pero que, no fondo, sente que coñece. O perigo é un latexar que non se extingue nunca.

MARÍA ORUÑA, A AUTORA

María Oruña é unha escritora galega (Vigo, 1976) que exerceu durante dez anos como avogada laboralista e mercantil, e que na actualidade dedícase exclusivamente á literatura. Os seus libros foron traducidos do castelán ao francés, alemán, italiano, ruso, polaco, grego, portugués, galego e catalán, alcanzando xa o millón de lectores con todas as súas obras.

Tras unha década publicando (La mano del arquero, Puerto escondido, Un lugar a donde ir, Donde fuimos invencibles, El bosque de los cuatro vientos...), o 13 de setembro de 2023 lanzou “Los inocentes”, cun inmediato éxto de crítica e de lectores, anunciando xa unha nova edición ás poucas semanas.

En decembro de 2023, María Oruña recibiu en Vigo o PREMIO de CULTURA Emilia Pardo Bazán en el País de las Rías, outorgado pola Deputación de Pontevedra e o xornal El Faro de Vigo.

A biografía ao detalle está na web da propia autora.

ÚLTIMAS

Ferran Centelles: “A Ribeira Sacra ten todo o necesario para estar na cima do viño español”

O artigo, titulado Ribeira Sacra - a denominación nun delicado equilibrio, foi publicado o...

90.000€ nun novo vehículo de usos múltiples na Pobra do Brollón para atender as zonas rurais

O vehículo estará a disposición do persoal municipal para desprazamentos e traballos relacionados con...

A importancia de coñecer e poñer en valor o noso agro

María José Gómez destacou durante a visita a importancia de coñecer e poñer en...

O BNG de Monforte amosa o seu desacordo co proxecto urbanístico da zona D

O BNG considera que non é necesario seguir urbanizando novas zonas en Monforte cando...