HomeCulturaO concerto de Malenne pecha o Mercado de Nadal de Monforte

O concerto de Malenne pecha o Mercado de Nadal de Monforte

O mercado de nadal desenvolvíase durante dúas fins de semana na praza de abastos. Nesas xornadas desenvolvéronse concertos na rúa Cardeal.

Publicado o

POR
Redacción
- Advertisement -

O Alcalde de Monforte, José Tomé Roca, asistiu este sábado pola noite ó concerto do grupo monfortino Malenne, que tivo lugar dende as 8 da tarde na rúa Cardeal. No concerto, estivo acompañado pola primeira Tenente de Alcalde, Gloria Prada, o Concelleiros de Servizos, José Luis Losada, Muller e Igualdade, Margarita López, Consumo, Regina López, e Novas Tecnoloxías, Guillermo Díaz.

Estes concertos de grupos monfortinos de Nadal, xunto co celebrado a pasada semana no mesmo escenario a cargo de Doc Magoo’s, foron unha novidade incorporada o pasado ano polo Concello á súa programación de Nadal, e tiveron unha grande aceptación e éxito de público, polo que este ano o Equipo de Goberno decidiu volver a celebralos.

Estes concertos son ademais o colofón do Mercado de Nadal da Praza de Abastos, que se celebrou esta fin de semana. Tanto o Mercado de Nadal como o concerto de Malenne contaron cunha gran afluencia de público.

ÚLTIMAS

Inaugúrase no Viveiro dos Trollos unha senda divulgativa da riqueza forestal de Galicia

A conselleira do Medio Rural, María José Gómez,  acompañada pola directora xeral de Planificación...

Chantada reparte máis de 1.000 árbores para potenciar a reforestación

Así este 5 de xuño e aproveitando a celebración do día de feira, o...

Roberto Castro: “A xente vén pola cereixa e quédase e repite porque lles gusta tamén a zona da praia fluvial”

A festa terá lugar na praia fluvial de San Clodio e contará coa participación...

Os premios literarios Xosé de Arxeriz entregaranse o 12 de xuño

O I Certame Literario Xosé de Arxeriz, dirixido ao alumnado do último ciclo de...