HomeCulturaQuiroga abre o prazo para participar no desfile de comparsas que celebra...

Quiroga abre o prazo para participar no desfile de comparsas que celebra o 11 de febreiro

Para participar no desfile é preciso inscribirse antes do 7 de febreiro na Casa da Cultura ou na Sede electrónica do Concello de Quiroga, onde tamén se poden consultar as bases, aportando a documentación precisa. A maiores, os máis pequenos contarán coa súa festa de disfraces o luns día 12, a partir das cinco da tarde.

Publicado o

POR
Redacción
- Advertisement -

O Concello de Quiroga presenta  as bases do concurso – desfile de comparsas que terá lugar o domingo, 11 de febreiro. O desfile sairá ás cinco da tarde dende a rúa Piscinas para percorrer a rúa Real ata a Casa Consistorial onde rematará cun baile de disfraces e unha invitación a chocolate con churros.

Neste concurso desfile poden participar todas as persoas que o desexen, tanto deste Concello coma doutros, sempre e cando se acollan a unha das modalidades de participación  estipuladas: a Modalidade comparsa (integrada polo menos por dez membros) e a Modalidade disfrace individual (que como máximo agrupará tres membros por disfrace).

Cada participante nomeará a un representante para formar parte do xurado, polo que o xurado cualificador estará composto por tantos membros coma comparsas e disfraces participen no desfile. Os integrantes do xurado despois de asistir ao desfile, valorarán a  cada comparsa menos á que representa, terase en conta a orixinalidade dos disfraces, a coreografía, a escenografía, a elaboración de vestiario e a elaboración da carroza.

Para a modalidade de comparsa establécese un primeiro premio de 600€, un segundo premio de 300€ e un terceiro premio de 200€. O resto das comparsas participantes recibirán 100€. Para a modalidade de disfrace individual haberá un único premio ao mellor disfrace dotado con 60€. Estes premios, que estarán suxeitos ao disposto na Lei 35/2006, do 28 de novembro, do Imposto sobre a Renda das Persoas Físicas, entregaranse na rúa Real, diante do Concello, ao remate do desfile.

ÚLTIMAS

‘A Galeguiña’, da marca monfortina Gemma & Naza Cheesecakes, mellor Torta de Queixo de Galicia 2026

A torta premiada, bautizada como "A Galeguiña", nace cunha idea moi clara: render homenaxe...

Educación ambiental e baloncesto co proxecto ‘Ningún Aro Sen Rede’

De Lugo a Escairón, pasando por Monforte de Lemos e Antas de Ulla. A...

Folgoso do Courel homanexeu a súa castaña

A celebración é un importante punto de encontro para veciños e visitantes, cunha gran...

O PP esixe o arranxo urxente da LU-P-4112 en Pantón para garantir a seguridade do transporte escolar

Os deputados do Grupo Provincial Popular advirten a PSOE e BNG, tralo anuncio de...