HomeCulturaO Domingo Lambedoiro do Entroido Ribeirao arrinca o entroido na Ribeira Sacra

O Domingo Lambedoiro do Entroido Ribeirao arrinca o entroido na Ribeira Sacra

O Concello de Chantada celebra o 10 de febreiro o seu Desfile de Comparsas, que comezará ás 17:00h. Contará con 5.000€ en premios.

Publicado o

POR
Redacción
- Advertisement -

O Entroido no Concello de Chantada comeza este domingo, 28 de xaneiro, Domingo Lambedoiro. Xornada na que se abre un dos entroidos máis tradicionais da Ribeira Sacra, o Entroido Ribeirao que se celebra a partir das 16:00h en Santiago de Arriba e que ás 11:30 fará un desfile polas rúas de Chantada xunto con personaxes doutros entroidos tradicionais de Galicia como o Oso de Salcedo, Boteiros e Fulións de Viana do Bolo, Troteiros de Bande, Felos de Esgos ou Farrumecos de Sobradelo.

“Celebramos esta xuntanza de entroidos con entroidos amigos que veñen celebrar con nós o que é o comezo desta festa. Pola tarde, en Santiago de Arriba cruzaremos as hortas e no campo do Moredo realizaremos o Entroido, con todos os personaxes característicos do Entroido ribeirao”, sinala Iván González Rey da Asociación de Amigos do Entroido Ribeirao.

O Entroido Ribeirao de especial interese polo seu carácter etnográficocontinuará coas representacións noDomingo Corredoiro, oDomingo de Entroido e o 13 de febreiro, Martes de Entroido.

Desfile Comparsas Concello de Chantada

E como en anos anteriores será o Entroido Ribeirao, co que colabora o Concello de Chantada, o que abra o Desfile de Comparsas que o concello organiza o 10 de febreiro, e que comezará ás 17:00h na Avda de Lugo, á altura da Domusvi.

As bases, que se poden consultar na páxina web, recollen dúas categorías: Comparsas Absoluta para aqueles grupos formados por máis de 15 persoas e Comparsas Infantil, grupos de máis de 15 persoas formados íntegramente por menores de 14 anos, ou que máis dun 70 % dos seus membros sexan menores desta idade. Nas dúas categorías establecénse os seguintes premios:

  • 1º PREMIO: 1.000,00 €
  • 2º PREMIO: 700,00 €
  • 3º PREMIO: 500,00 €
  • 4º PREMIO: 300,00 €

Para incentivar a participación entregaranse 100,00€ a cada comparsa de máis de 15 integrantes. Esta axuda daráselle a un máximo de 10 comparsas, de superar esta cantidade priorizarase a orde de inscrición. Así desde o Concello de Chantada destínanse a este desfile 6.000€, 5.000€ en premios e 1.000€ en axudas. Ao remate do desfile haberá chocolatada popular e actuación das orquestra Trebol.

As persoas e grupos interesados en participar poden inscribirse no Rexitro do Concello ou no teléfono 982 440 011. Ábrese o prazo ao día seguinte, de que esta semana saian publicadas as bases no BOP, e permanecerá aberto ata o 7 de febreiro, presentando:

  • Solicitude asinada polo participante ou representante legal
  • Fotocopia do DNI do solicitante e no seu caso do CIF

O mércores, día 7 de febreiro, ás 20:00h celebrarase unha reunión de obrigada asistencia na Casa da Cultura na que participará un representante de cada comparsa. Aportarase ademais o audio, de non máis de 3 minutos, que se reproducirá durante o desfile. Esta xuntanza servirá para aclarar dúbidas e precisar o lugar que cada quen ocupará no desfile.

O xurado valorará de 1 a 10 cuestións como o vestiario e orixinalidade dos disfraces, a posta en escena durante o desfile, a simpatía e a gracia dos participantes, a orixinalidade da carroza ou plataforma, o título da comparsa ou grupo e a actuación final diante do palco.

ÚLTIMAS

DOCE SONS: 12 concertos para 12 causas dinamizando a Comarca Quiroguesa

O 24 de xaneiro comeza un ciclo de 12 concertos anuais (DOCE Sons), un...

O Camiño de Inverno celebra 10 anos de oficialidade e presenta campaña promocional en Fitur

A Asociación de Municipios do Camiño de Inverno, creada no 2018, para poñer en...

O PP de Monforte acusa a Tomé de “anuncios que non se concretan”

A voceira popular, Katy Varela, recorda que en decembro xa advertiran de atrasos e...

O programa Da Escola á Granxa optará ó Premio Aresa 2026

O programa cumpriu en 2025 catro edicións achegando a nenas e nenos de infantil...