HomeCulturaA Libraría da Proencia presenta dous libros galegos en Sober

A Libraría da Proencia presenta dous libros galegos en Sober

O 30 de xaneiro, na Biblioteca Pública Municipal de Sober, "Ou as dúas estaredes mortas", de Xosé M. Eyré; e o 3 de febreiro no local social de Rosende, "Diario de dúas casas", unha obra de María Villamartín. Os dous eventos contarán coa presenza dos autores.

Publicado o

POR
Redacción
- Advertisement -

O vindeiro martes, día 30 de xaneiro, no marco do Club de Lectura da Biblioteca Pública Municipal, a Libraría da Proencia presentará en Sober o libro de Xosé M. EyréOu as dúas estaredes mortas. As persoas integrantes do Club de Lectura Pintor de Castinande poderán conversar co propio autor no transcurso da actividade que terá lugar o ás 18:00 h. na Biblioteca Pública Municipal de Sober.

Esta obra, publicada en setembro de 2023 en Galaxia, contén unha escolma de minicontos enlazados por unha historia dunha intrigante relación ente dúas mulleres e os seus utópicos proxectos.

Por outra parte, o sábado 3 de febreiro, o local social de Rosende será o punto de encontro con María Villamarín, autora de Diario de dúas casas. A xente que asista e este evento, ademais de compartir unha actividade moi interesante coa escritora, poderá quedarse a tomar un viño e un pincho ao remate do acto.

Esta obra, publicada por Euseino? en 2023, son escritos híbridos entre o ensaio e o diario, froito de reflexións que xorden da vivencia entre “dúas casas”, unha en Santiago e outra nunha aldea da Limia, da que non se perde o arraigo.

“A distancia entre a cidade na que vive e estuda e a aldea onde naceu —e onde está a súa casa familiar— convértese nun camiño de ida e volta. O seu tránsito frecuente é tamén un movemento interior, atravesado e unido pola escritura de cadernos. Neles agroma unha sorte de desconcerto, a colisión entre dous mundos e dúas formas de vida, as fisuras e as tensións das relacións familiares, a amizade como nova forma de pertenza e, finalmente, a lectura como acubillo escollido, como casa propia.”

PARA AS/OS INTERESADAS/OS EN ASISTIR ÁS PRESENTACIÓNS

O acceso é libre a ambos actos pero para tomar un pincho e un viño en Rosende, despois do encontro con María Villamarín, cómpre anotarse antes do 1 de febreiro no correo pedidos@proencialibros.com ou mediante mensaxe ou chamada ao 674938803 (o prezo do pincho é de 6 €).

ÚLTIMAS

O PP de Monforte urxe a mellora inmediata da conexión da N-120 co Polígono do Reboredo

A voceira popular, Katy Varela, denuncia que o firme se atopa nun estado “totalmente...

CSIF esíxelle ao Concello de Taboada maior financiamento para o SAF

Este escrito enmárcase nunha iniciativa que o sindicato está a desenvolver en todos os...

Irmandamento entre a Feira do Viño de Amandi e a Festa da Filloa de Muimenta

O Concello de Sober aproveita a conta atrás da Feira do Viño de Amandi...

Os Bolechas ensinan sobre compostaxe doméstica na publicación “Os composteiros de Monforte”

“Os composteiros de Monforte” está protagonizado polos coñecidos Bolechas, encargados de ensinar á rapazada...