HomeCulturaO concello de Chantada rehabilita unha vivenda do casco antigo para convertela...

O concello de Chantada rehabilita unha vivenda do casco antigo para convertela en biblioteca accesible

O alcalde, Manuel Lorenzo Varela explica que, “Estamos recuperando unha vivenda do casco antigo para facela unha biblioteca accesible e moderna. Acábase de rematar a primeira fase na que se baleirou a estrutura e puxéronse as madeiras. Tamén temos mercado o ascensor. Na segunda fase hai que poñer o teito e establecer as divisións”.

Publicado o

POR
Redacción
- Advertisement -

O Concello de Chantada está executando as obras para poder contar cun edificio dedicado exclusivamente a Biblioteca Municipal. O inmoble que albergará a biblioteca atópase na rúa Manuel Formoso Lamas, ao carón da Policía Local. Trátase dun edificio antigo do que se conservaron casco e paredes.

A primeira fase destas obras tivo un orzamento de 300.000,00€, aportados pola Consellería de Cultura, Educación, Formación Profesional e Universidades e o Concello de Chantada. Destínase o mesmo orzamento de 300.000,00€ á segunda fase que ten que estar rematada a mediados de decembro.

Actualmente a biblioteca, distribuída en varias dependencias, ubícase na Casa da Cultura, tamén no casco antigo. O traslado da biblioteca ás novas instalacións ampliará o espazo expositivo dispoñible na Casa da Cultura. “Na casa da cultura, onde tamén temos a Oficina de Turismo, queremos facer un espazo museístico, pero aínda sería necesario sacar o salón de plenos”, asegura o alcalde.

“Ao carón da nova biblioteca o Concello de Chantada adquiriu o edificio no que está a Policía Local e mercamos tamén a antiga academia onde ampliaremos as dependencias municipais. Rehabilitamos e conservamos un espazo importante no casco antigo de Chantada, ao carón do concello, ao tempo que centralizamos servizos”, conclúe Manuel Lorenzo Varela.

ÚLTIMAS

Case 600 persoas na II Festa Interxeracional do Concello de Chantada

Na primeira edición participaron unhas 350 persoas e este ano case se duplica a...

Actividades para celebrar en familia no Verán Cultural de Chantada

Do 2 de xullo e ata o 30 de agosto, o Concello de Chantada,...

Adrián González, novo voceiro do PP de Quiroga

Adrián González, de 32 anos e vinculado ao deporte, agradece a confianza dos compañeiros...

Iniciativas de Esperta Monforte no pleno deste luns

Esperta Monforte presenta ao pleno unha moción para incrementar a partida de subvencións de...