HomeCulturaEva Teixeiro presenta seu poemario "mapa.gal" este 16 de febreiro no Centro...

Eva Teixeiro presenta seu poemario “mapa.gal” este 16 de febreiro no Centro do Viño da Ribeira Sacra

A Asociación cultural, educativa e social aulABERTA organiza para este venres, día 16 de febreiro, ás 19:30 no Salón de Actos do Centro do Viño de Monforte de Lemos á presentación do poemario mapa.gal a cargo da súa autora Eva Teixeiro.

Publicado o

POR
Redacción
- Advertisement -

A organización informa de que tamén estaba prevista a presentación do libro de Luisa Villalta, Alma de violino a cargo de Eli Ríos, mais, por motivos de saúde de última hora, non vai poder acudir, polo que por outra data para a súa presentación.

Eva Teixeiro é membro da Asociación de Escritores en Lingua Galega (AELG), na actualidade é docente no IES de Guitiriz, mais estivo destinada durante varios anos no IES de Quiroga onde a súa implicación foi notable e mesmo se involucrou en diferentes iniciativas como a ruta Quiroga, territorio literario.

En palabras da propia autora, este novo poemario mapa.gal supón “unha aposta pola palabra, esa matria que habita o silencio, mentres a música da choiva envolve a chaira”. Eva Teixeiro ten declarado a súa paixón pola escrita mais tamén polo debuxo “ calquera superficie era boa para apreixar o feitizo das palabras-hedra”.

ÚLTIMAS

O CC Ponte Vella convida a gozar dun atractivo e amplo programa de actividades de Nadal

O Centro Comercial Ponte Vella de Ourense presenta un amplo e atractivo programa de...

A igrexa de Santa María de Nogueira, en Chantada, estrea mellora da contorna

O Concello de Chantada vén de rematar o acondicionamento da contorna da igrexa de...

Xornada sobre subvencións para empresas, este 16 de decembro no Centro do Viño da Ribeira Sacra

A Asociación de Empresas Ribeira Sacra Next centra a actividade en seguir dotando de...

Monforte convida a mercar e divertirse no seu Mercado de Nadal

Chega unha nova edición do Mercado de Nadal de Monforte. Será os días 20...