HomeCulturaAs gañadoras e gañadores do concurso de Poesía de Nadal en Monforte...

As gañadoras e gañadores do concurso de Poesía de Nadal en Monforte recolleron os seus premios

Esta semana, a Tenente de Alcalde, Gloria Prada, fixo entrega, na Casa da Cultura de Monforte, dos premios do concurso municipal de Poesía de Nadal 2023 ós nenos e nenas que resultaron gañadores.

Publicado o

POR
Redacción
- Advertisement -

Os premios, material escolar, foron fallados polo xurado o pasado 16 de xaneiro. Este concurso foi convocado pola Biblioteca Pública Municipal Poeta Lois Pereiro de Monforte de Lemos, en colaboración coa Biblioteca Nodal de Lugo.

Os galardóns, nas súas distintas categorías, foron para:

Categoría A: Ata 8 anos

  • 1º Premio: Valentina Feáns Pérez, 8 anos, Colexio A Gándara, 3º de Primaria.
  • 2º Premio: Alumnos de 3º B, 8 anos, CEIP Plurilingüe de Monforte.
  • 3º Premio: Alumnos de 3º B, 8 anos, CEIP A Gándara.
  • 4º Premio: Alumnos de 3º A, 8 anos, CEIP Plurilingüe de Monforte.

Categoría B: De 9 a 12 anos

  • 1º Premio: Antón Nieves Rodríguez, 10 anos, 5º B, Colexio A Gándara.
  • 2º Premio: Julia Piñeiro Vázquez, 10 anos, 5º de Primaria, CEIP Plurilingüe Monforte.
  • 3º Premio: Irea González García, 11 anos, 6º de Primaria, Colexio Ferroviario.
  • 4º Premio: Teo Ledo Escudero, 10 anos, 5º de Primaria, Colexio Ferroviario.

Accésits:

  • 1º accésit: Irina Torres Aguiar, Manuela González González e Sabela Payo Sánchez, do Colexio PP Escolapios.
  • 2º accésit: Hugo Gándara Penha e Iker Rodríguez Rodríguez, , do Colexio PP Escolapios.

Categoría C: De 12 a 16 anos

  • 1º Premio: Julia Gema González Romero,  12 anos, 1º de ESO, IES Río Cabe.

Gloria Prada, que desculpou a ausencia do alcalde, por ter compromisos como presidente da Deputación de Lugo, fixo entrega de diverso material escolar ós gañadores e gañadoras e agradeceu a participación.

ÚLTIMAS

60.000€ e un mes de prazo de execución para a renovación dos paseos do Parque Doutor López Suárez en Monforte

O Parque Doctor López Suárez está situado na rúa do mesmo nome, no entorno...

Ao rematar as melloras da N-540 en Calde seguirase no tramo entre Chantada e Carballedo

Olimpia López supervisa en Calde as actuacións na N-540 dentro do plan de mellora...

O 7 de marzo comeza na Ribeira Sacra o XVIII Estase Cocendo

Como viña sendo habitual, o público poderá degustar o cocido do Estase Cocendo en...

13 adegas na 43 Feira do Viño de Chantada que se celebra do 6 ao 8 de marzo

Participan da 43 edición da Feira do Viño de Chantada 13 adegas: Adega Lareu...