HomeCultura"Entrega en man", o 22 de febreiro ás 20:15 no Multiusos de...

“Entrega en man”, o 22 de febreiro ás 20:15 no Multiusos de Monforte

O prezo da entrada xeral para esta obra é de 5 euros e de 3 para desempregados, xubilados e estudantes.

Publicado o

POR
Redacción
- Advertisement -

Dentro da programación da Rede Galega de Teatros e Auditorios, o Concello de Monforte programa para este xoves 22 de febreiro ás 20:15 no Edificio Multiusos a posta en escena da obra para adultos Entrega en man, da compañía Contraproducións.

A obra esta escrita por Martin McDonaghl, dirixida por Cándido Pazó e interpretada por Evaristo Calvo, Santi Romay, María Roja e Diogo Sales. Unha comedia louca e denegrida na que, da man dun humor mordaz e corrosivo, zumega o tema do racismo, o machismo e a xenofobia.

A seguinte obra do ciclo de teatro para adultos programado polo Equipo de Goberno do Concello de Monforte será Que din as rumorosas da compañía Artyc Content que terá lugar o xoves, 7 de marzo, no Edificio Multiusos ás 20:15 h, sendo o prezo da entrada xeral de 5 euros e de 3 euros para estudantes, desempregados e xubilados.

ÚLTIMAS

3º premio do II Concurso Literario ‘As Feiras Tradicionais Galegas’ para unha rapaza do Courel

O CPI Poeta Uxío Novoneyra, de Folgoso do Courel, vén de ser noticia novamente...

Ángela Álvarez do IES A Pinguela gana a fase provincial do concurso literario Carta a un Militar Español

A 13º edición deste concurso ten por lema "PLUS ULTRA. La audacia que cruza...

Catro empresas do sur de Lugo galardoadas nos ‘Premios Galicia Alimentación 2026’

A duodécima edición dos Premios Galicia Alimentación, organizados por el Clúster Alimentario de Galicia...

Monforte entrega os premios do Certame de Narración e Debuxo Infantil das Letras Galegas

O certame organizado pola Biblioteca Pública Municipal Poeta Lois Pereiro e a Biblioteca Provincial...