HomeCulturaJavier Saco, profesor do colexio dos Escolapios de Monforte, elixido 2º Mellor...

Javier Saco, profesor do colexio dos Escolapios de Monforte, elixido 2º Mellor Docente de España

Javier Saco Fernández foi proclamado segundo mellor docente de España na categoría de ESO e Bacharelato. Esta distinción outorgouse na gala dos premios Educa Abanca 2023 celebrada este pasado sábado na facultade de Ciencias da Educación da Universidade da Coruña.

Publicado o

POR
Redacción
- Advertisement -

Javier Saco impulsou un ambicioso proxecto educativo denominado “O Recuncho de Leonardo”, que serve de complemento ao seu labor docente na aula. Este proxecto multidisciplinar ten como obxectivo mellorar a saúde emocional do alumnado e protexelo fronte ás potenciais contornas tóxicas que se poidan manifestar. Para iso, o proxecto nútrese de referentes culturais e creativos dos que tamén o propio alumnado é partícipe e coautor. O alumnado, ademais de participar na creación de contidos audiovisuais de coidada factura, encárgase de divulgar esta conciencia sa a través de espazos de radio e redes sociais, co ánimo de servir de apoio a quen máis o poidan necesitar.

Doutra banda, o labor de aula deste profesor conta con diversos proxectos curriculares de deseño propio que buscan fomentar o espírito crítico e a análise rigorosa da información, preservar a ética e seguridade no uso da internet e concienciar da importancia sobre a preservación da Natureza fronte aos retos tecnolóxicos.

Outros méritos cultivados por este docente no curso 22/23 foron o primeiro premio da segunda edición do concurso “Ciberseguridade non Cole”, o primeiro premio do certame CINEDUCA co curto “A Moza da Xanela” e o premio do público pola curta “VR” presentada no Fancine de Lemos na sección “curtas curtas”

ÚLTIMAS

Comeza o pase de primavera do ‘Vendaval’, mostra de cinema portugués na Ribeira Sacra

O Vendaval desta edición de primavera 2026, estenderá o seu programa dende o 23 ao...

Castro Caldelas acolle a VIII Spain Backyard Ultra

Esta fin de semana, o tempo deterase en Castro de Caldelas para enxalzar o...

Graduación do alumnado de 2º de BAC do IES A Pinguela

A exalumna de Humanidades Sandra Piñeiro Pedreira, premio extraordinario de Licenciatura en Historia e...

Este 22 de maio preséntase na casa da cultura de Quiroga o libro “A aira dos ventos”

“A Aira dos Ventos” vén sendo unha peza teatral de 70 pp. Editada por...