InicioCulturaÁbrese o prazo para inscribirse na “XIV Carreira Popular Concello de Monforte”...

Ábrese o prazo para inscribirse na “XIV Carreira Popular Concello de Monforte” que se celebrará o 28 de abril

O evento contará cunha carreira absoluta de 10.000 metros cun percorrido completamente urbano, e catro probas de menores, de 80, 700, 1.300 e 2.000 metros. Todas elas terán saída e meta na Explanada da Compañía ó carón dos Escolapios.

Publicado o

POR
Redacción
- Advertisement -

O evento, organizado polo Concello de Monforte a través da Concellería de Deportes, contará cun percorrido de 10 km para a carreira absoluta, completamente urbano e que transcorrerá polas rúas máis céntricas da cidade, así como percorridos para as carreiras de categorías menores de diferentes distancias en función da idade das persoas participantes. En concreto, serán catro probas de menores de 80, 700, 1.300 e 2.000 metros, tendo todas elas terán saída e meta na Explanada da Compañía ó carón dos Escolapios.

O percorrido da carreira absoluta será o seguinte: Saída da Praza da Compañía – Paseo de Lugo – Carude – San Lázaro – Reboredo – Dalmiro de La Válgoma – Escultor Francisco Moure – Rúa Sarria – Avda. de Galicia – Rúa Hortas – Rúa Dr. Casares – Paseo do Malecón – Ponte Vella – Rúa Antonio Méndez Casal – Praza Campo de San Antón – Rúa Ourense – Avda. de Galicia – Rúa Cardeal –  Escultor Francisco Moure – Praza da Compañía.

Trátase dun percorrido de 5 km. ó que os participantes terán que dar dúas voltas. Todas as carreiras, incluídas as carreiras de categorías menores, contarán cun sistema de cronometraxe con chip, a excepción da carreira de categoría mini que non é competitiva.

Tratase da edición número 14 deste xa tradicional evento deportivo na cidade, e neste senso, o rexedor monfortino subliñou que “seguimos adiante coa organización do que é un dos eventos deportivos máis importantes do noso Concello, e para elo todas as persoas interesadas en inscribirse na 14ª edición desta carreira, xa o poden facer, de xeito totalmente gratuíto, a través da páxina web www.monforte10k.com ou da plataforma de inscricións www.ccnorte.com”.

Haberá trofeo conmemorativo do evento ós/ás tres primeiros/as clasificados/as de cada unha das categorías excepto na categoría mini na que todos/as os/as participantes que crucen a liña de meta recibirán unha medalla e unha bolsa de lambetadas. Os/as tres primeiros/as clasificados/as da carreira absoluta recibirán trofeo e premio económico segundo as seguintes cantidades: 300€ para o primeiro clasificado e primeira clasificada, 200€ para segundos/as clasificados/as e 100 para os/as terceiros/as.

Tamén haberá Premios especiais da carreira absoluta para os/as 3 primeiros/as clasificados/as locais (empadroados/as en Monforte). E Premios por equipos para os tres mellores equipos da carreira absoluta. Estes equipos deberán ser obrigatoriamente mixtos (50% homes e 50% mulleres) e estarán compostos por un mínimo de 4 compoñentes (dous homes e dúas mulleres) e un máximo de 6 compoñentes (tres homes e tres mulleres).

Inscricións e entrega de dorsais

Os centros educativos de Monforte teñen a opción de realizar a inscrición colectiva ata o martes 16 de abril. Deste xeito o Concello entregará os dorsais dos alumnos participantes ó centro educativo con antelación.

A entrega de dorsais dos/das atletas que se inscriban de xeito individual, realizarase por adiantado nos seguintes puntos de recollida:

  • Oficina Municipal de Deportes (Casiñas da Compañía): Venres 26 de abril: de 9:00 a 14:00 e de 16:00 a 20:00 h. e Sábado 27 de abril: de 9:00 a 14:00 h.
  • Puntos de recollida fora de Monforte: haberá puntos de recollida fora de Monforte e espallados polas catro provincias para facilitar a recollida do dorsal a todas as persoas participantes que non vivan en Monforte.
  • Envío do dorsal a domicilio: Será necesario indicar o punto de recollida do dorsal durante o procedemento de inscrición.

ÚLTIMAS

Roteiro Literario para coñecer as localizacións da novela “A Boca do Monte”, en Quiroga

Preto dun cento de estudantes do IES As Lagoas de Ourense coñeceron o pasado...

O BNG pon en marcha, “Arranxo XA das nosas estradas”, campaña para mellorar as infraestruturas viarias na provincia

O Bloque Nacionalista Galego de Lugo inicia unha nova campaña para reclamar o arranxo...

8ª Andaina polo Corazón de Galicia, o 21 de abril en Chantada

O domingo, 21 de abril, celébrase a 8ª Andaina polo Corazón de Galicia, que...

Que acontece coas Unidades de Drogodependencias dos concellos?

Na última xuntanza dos concellos que contan con Unidades Municipais de Asistencia á Drogodependencia...