InicioCulturaA curta documental “Corre o vento”, rodada no Courel, presente no Festival...

A curta documental “Corre o vento”, rodada no Courel, presente no Festival de Málaga

A obra audiovisual presentouse o pasado 2 de Marzo na segunda xornada da 27 edición do prestixioso festival de cinema.

Publicado o

POR
Redacción
- Advertisement -

Corre o vento, da que demos conta o pasado ano no transcurso da súa gravación por terras do Courel, foi seleccionada para formar parte da  programación do Festival de Málaga no que se presentaba a concurso na sección oficial de Documentais.

Foi na segunda xornada, o pasado 2 de marzo con presenza na Sala de Turismo e Deporte dos directores galegos Paula Fuentes e Guillermo Carrera para presentar a súa curta documental ‘Corre o vento’, unha peza sobre Vilar do Courel, unha pequena aldea de Folgoso do Courel que leva décadas resistíndose a desaparecer.

Cunha espectacular fotografía, capturando unha atmosfera case sombría, a curtametraxe logra transmitir o medo que sentían os seus protagonistas en perder a súa querida aldea. “Guillermo e eu soubemos desde o primeiro momento que queriamos facer algo sobre a nosa terra e ensinar esta resistencia ao despoboamento, principalmente en Galicia”, sinalaba a directora Paula Fuentes aos asistentes, que agradecían a súa intervención e a súa valentía por facer visible a loita de tantas persoas da España baleirada pero chea de lembranzas.

Para coñecer máis detalles de como xermolou a obra podedes ver a reportaxe de 2022 que fixo Xornal de Lemos.

Cartel da curta ‘Corre o vento’
PRESENTE TAMÉN NUN CATÁLOGO DO AGADIC

Corre O Vento forma parte, dende hai unhas semanas, do novo catálogo de curtametraxes galegas deste 2024 (Shorts from Galicia) da Axencia Galega das Industrias Culturais.  

Shorts from Galicia é a marca da Xunta para a promoción exterior das curtametraxes galegas que, xunto con Films from Galicia, ocupa un lugar destacado no programa de internacionalización do audiovisual galego como reflexo do potencial creativo do noso cinema, recoñecido en festivais de todo o mundo.

Baixo esta sinatura, publícase cada ano unha escolma con destacados traballos de produción e/ou autoría galega neste formato. A publicación, editada en inglés, conta con versións física e dixital e acompáñase do correspondente vídeo promocional.

ÚLTIMAS

29.469€ para a rehabilitación do lavadoiro de Hospital no Incio

Esta actuación busca a integración dos elementos que conforman o patrimonio etnográfico, neste caso...

Bolsas de tea con motivos feministas

O proxecto de igualdade do Concello de Sober ‘Redes Lilas’ celebrou a súa cuarta...

Aly Alma, artista con raíces en Quiroga, presenta “Violet Mood”, un espectacular show acústico en feminino

Alicia Losada, coñecida artisticamente como ‘Aly Alma’ e con orixes en Quiroga por parte...

Novo miradoiro á Ribeira Sacra de Soutochao

O concello lugués de Sober estreou o novo miradoiro de Soutochao, desde o que poden contemplarse...