HomeCultura'Volta ao xogo': o novo single dos chantadinos TIAM Gz

‘Volta ao xogo’: o novo single dos chantadinos TIAM Gz

Segundo contan dende a distribuidora teatral e musical Culturactiva: "Trátase dun adianto do que está por vir, un EP que sairá en verán con sons electrónicos".

Publicado o

POR
Redacción
- Advertisement -

Tras dous anos sen sacar temas, neste 2024 a banda de Chantada TIAM Gz chega cargada de forzas co seu novo single “Volta ao xogo”. Esta co-produción de Mr.Mati (produtor e DJ do grupo) con Petrowski (produtor de gran prestixio no panorama galego e ex integrante do grupo Ezetaerre), sobre a que escriben e interpretan, coma sempre, Torozas, Iagueiro e Alessov conta cun videoclip da man de Lara Caeiro e Lorenzo Negueruela.

Con TIAM Gz volve a música festeira e de protesta en galego. A súa música leva ao público dende as cancións máis reivindicativas ata as sonoridades máis bailables. Unha experiencia que, dende o grupo, cualifican de “feita para vivir co público, que é un protagonista máis do directo”.

Os chantadinos combinan iso que a xente tanto bota en falta e iso que á xente tanto lle gusta: positividade, colectividade e xustiza social. Todo comeza en 2018 cando catro amigos da infancia de Chantada deciden formar un grupo de rap. A realidade é que non tiñan moito en común en canto aos seus estilos musicais, pero si había un obxectivo claro: facer música para desfrutar, facer desfrutar e transmitir os seus valores. Así é como co flow do Torozas, co estilo do Iagueiro, coas métricas do Alessov e coas melodías do Mr. Mati nace TIAM Gz.

Ata o momento, TIAM Gz contaba cun álbum chamado [De] Construción (2021) no que se mesturan diferentes estilos: hip-hop, pop, acústica, trap, etc. Incluso teñen a súa propia versión da Muiñeira de Chantada: a Muinheira-rap ou se atreven cun reggaetón en toda regra, “Ruada”. Dende o seu nacemento, a banda vén colaborando con grandes artistas do panorama musical galego como SFDK, Rebeliom do Inframundo, HIgh Paw, Rastreros ou Cuarta Xusta. Para coñecer a súa traxectora anterior pódese recuperar a entrevista que lle fixo Xornal de Lemos no 2020.

PRESENTE E FUTURO PRÓXIMO

“Volta ao xogo” é so un adianto de todo o que está por vir: un novo EP que sairá en verán con sons electrónicos. “A espera valeu a pena, o parón serviu para volver con máis forza ca nunca, cun salto de calidade tanto na parte visual”, salientan dende a banda.

ÚLTIMAS

En outubro aumentou en 110 o número de parados no centro-sur da provincia

Paro comarca de Sarria no mes de outubro 751 (+35): O Incio 32 (-1) Láncara 73...

O BNG de Monforte reclama transparencia no proceso selectivo da Policía Local

Os nacionalistas aseguran que as informacións publicadas sobre os resultados da primeira proba, na...

“Os dous de sempre”, do dúo Mofa & Befa, este 5 de novembro no Multiusos de Monforte

A función enmárcase na programación cultural impulsada polo Concello de Monforte a través da...

Magosto-pancetada e teatro para a fin de semana en Pantón

Despois de celebrar con grande éxito o Samaín a pasada semana, o vindeiro sábado,...