HomeCulturaNarración oral e igualdade en Chantada

Narración oral e igualdade en Chantada

O concello programa para este mércores 20 de marzo unha sesión de contacontos con Vero Rilo. Será no Auditorio Municipal ás 17:00 h.

Publicado o

POR
Redacción
- Advertisement -

Este mércores 20 de marzo ás 17:00 h. a Biblioteca Pública Municipal de Chantada acolle unha sesión de contos para conmemorar o 8M. A educadora infantil e contadora Vero Rilo  trae o espectáculo de narración oral “Elas”.

Con esta actividade remata a programación do “Día Internacional da Muller” organizada polo CIM, Centro de Información ás Mulleres de Chantada e a Concellería de Igualdade do Concello de Chantada.

VERO RILO

Vero Rilo é narradora oral. Antes era educadora infantil, pero quitouse diso. Dende 2013 leva contando contos, historias de vida, e outras lerias para todo tipo de público.

Feminismo, tradición, memoria histórica, resistencia, alegrías, afectos e rebeldías aparecen consciente e inconscientemente no seu repertorio.

Sempre lembra as palabras de Castelao “cada vida é una novela que se perde”. Se cadra é por iso que conta, para non perder. E conta o que aprendeu a ser, o que outras foron, o que son. Conta o que a (con)move, di que así a memoria non morre…

ÚLTIMAS

Unha fin de semana para gozar do ‘Caldo de ósos’

Onte, venres 13, inaugurábase a exposición de fotos antigas “O legado que nos une”...

O PP de Monforte reclama ao pleno unha zona de baño pública para este verán

Dende o PP de Monforte insisten na necesidade de ofrecer unha alternativa gratuíta de...

‘CARNABAR’, a nova e festeira ocorrencia do ‘Colectivo Vermut’

"Entroido en movemento" ou "Roteiro de Entroido", así se podería definir o CARNABAR, unha...

CSIF alerta da situación da presa de Vilasouto, no Incio

A Central Sindical Independente e de Funcionarios (CSIF), vén de denunciar a "alarmante situación...