HomeCulturaSemana Santa de concertos no Círculo Saviñao

Semana Santa de concertos no Círculo Saviñao

Este sábado, 23 de marzo, ás 20:00h, o grupo francés Sunshine in Ohio, de xira por Galicia, ofrece un concerto no Círculo Saviñao.

Publicado o

POR
Redacción
- Advertisement -

Sunshine in Ohio, o fantástico grupo de Grenoble actúa no Círculo Saviñao en formato dúo (guitarra acústica, contrabaixo e dúas voces), para ofrecer un show ameno e variado.

O 28 de marzo, David Taboada e Sergio Alba presentarán “Colección Romántica”. O espectáculo, que comezará a partir das 20.00h, busca crear unha experiencia emocional co público inspirada pola música, a través dunha coidada selección de temas.

Ambos músicos, que contan cunha dilatada traxectoria na interpretación e na docencia musical, idearon este proxecto buscando a conexión co público nun formato intimista de voz e piano.

ÚLTIMAS

O IES A Pinguela estrea Aula Tech Beauty despois do Nadal

As obras de adaptación dos espazos e a instalación do equipamento tecnolóxico previsto xa...

A Casa da Cultura de Chantada acolle a exposición dos traballos do Programa de Pintura

A Casa da Cultura de Chantada acolle ata o 12 de xaneiro de 2026...

Teatro en Monforte o 26 e 30 de decembro

O ciclo de citas teatrais comezou o día 23, con “Nadal en prácticas”, da...

Cousas Xacobeas: O Camiño na parroquia de Meixente: Mouzós e O Sisto (I)

Esta parroquia aparece denominada na Idade Media como “Castelo”, nome que perdura no topónimo referenciado perto do...