HomeCulturaNove obras no XXXI Certame Municipal de Teatro para Centros de Ensino...

Nove obras no XXXI Certame Municipal de Teatro para Centros de Ensino de Monforte

Está organizado polo Concello de Monforte e a programación desenvolverase do 15 de abril ao 3 de maio de 2024. Todas as pezas escenificaranse ás 20:00 h. no salón de actos da Casa da Cultura Poeta Lois Pereiro.

Publicado o

POR
Redacción
- Advertisement -

O XXXI Certame Municipal de Teatro para centros de ensino de Monforte, convocado e organizado polo Concello de Monforte de Lemos a través da súa Concellería de Cultura, contará coa estrea de 9 obras correspondentes a outros tantos Centros educativos da cidade que participan neste certame.

A programación desenvolverase do 15 de abril ao 3 de maio de 2024 e todas as pezas escenificaranse ás 20:00 h. no salón de actos da Casa da Cultura Poeta Lois Pereiro.

Os centros participantes nesta edición son: o CEE Infanta Elena, Colexio Ferroviario, o CEIP A Gándara, o CEIP de Monforte Colexio Novo, o IES A Pinguela, o IES Río Cabe, a ANPA do CEIP A Gándara, Colexio PP Escolapios e a Asociación Prodeme.

O Concello colaborará cos centros educativos participantes cunha achega de 100 euros por centro ou asociación para material, e tamén se encargará dos premios. Estes consistirán na gravación das obras representadas que serán entregadas aos centros participantes, nun lapis de memoria e un diploma acreditativo para cada un dos participantes.

A entrega de premios será no Salón de Actos da Casa da Cultura Poeta Lois Pereiro o 9 de maio ás 18:00 h.

CENTROS PARTICIPANTES E OBRA QUE LEVAN A ESCENA
  • CEIP A Gándara, coa obra “A historia xamais contada da Pombiña fachendosa”, que se representará o luns 15 de abril de 2024.
  • ANPA CEIP A Gándara, coa obra “Alicia, o tempo é relativo”, o xoves 18 de abril.
  • IES Río Cabe, coa obra “A Cincenta non quería perdices”, o venres 19 de abril.
  • CEIP de Monforte, coa obra “Tarta de mora”, o martes 23 de abril.
  • CEE Infanta Elena, coa peza “Vivan los libros”, o mércores 24 de abril.
  • Colexio P. Ferroviario, coa obra “Emocional mente”, o luns 29 de abril.
  • IES A Pinguela, coa obra “Mortes de risa”, o martes 30 de abril.
  • Colexio PP. Escolapios, coa obra “A pantasma de Canterville”, o xoves 2 de maio.
  • Prodeme, coa obra “Un médico a palos”, o venres 3 de maio.

ÚLTIMAS

A cafetería do Complexo Deportivo da Pinguela será de libre acceso tamén para o público xeral

A cafetería do Complexo Deportivo da Pinguela comezou xa a prestar servizo ás persoas...

A Deputación arranxará a LU-P-4707 que comunica Veneira con Roques na Pobra do Brollón

O representante do PSdeG, Adolfo Rubio, valora que a Deputación se reunise directamente coa...

Chantada mellora as canchas e automatiza o acceso ás Pistas de Tenis

O Concello de Chantada vén de acometer novas melloras nas Pistas de Tenis do...

Abertas as inscricións para o II Mercado de Nadal de Pantón

O Concello de Pantón volve apostar na súa programación de Nadal polo Mercado de...