Desde as 19:00h. ás 23:00h. actuarán as charangas Mekanika Rolling Band (comeza na Avda. de Monforte á altura do centro de saúde, continúa pola rúa Xoán XXIII para seguir por Antonio Lorenzana, Tras dos Fornos e Leonardo Rodríguez ata praza de Santa Ana) e Unión Phenosa (comeza na Rúa Uxío Novoneyra á altura do “Café Bar Ribeiriña” baixando dirección praza Santa Ana ata a praza de Catro Camiños).
Ás 23:00 tempo da Disco Móbil na Praza de Santa Ana, para ás 00.00 contar coa actuación da Orquestra Olympus na rúa Xoán XXIII. Retomarase a Disco Móbil ás 2:00, ás 3:00 volverá a Orquestra Olympus, para rematar coa Disco Móbil de Euphoria desde as 4.00.
Como Festa da Xuventude, a proposta está pensada para mozas/os de entre 16 e 25 anos, pero búscase a participación de tódalas idades, “Queremos dinamizar o centro da vila para que non sexa unha festa exclusiva desa franxa de idade e queremos ofrecerlle á nosa xuventude alternativas de lecer nocturno porque moita mocidade non se sinte identificada coas saídas aos pubs. Espero que a todo o mundo lle guste e sexa exitosa para que xa quede marcada no calendario para próximos anos”, asegura Belén Vázquez, Concelleira de Xuventude.
A festa ábrese á xuventude e xente da contorna e para facilitar a súa participación contarase con servizo de Noite Bus. Así o día 19 de abril sairá un autobús de Antas de Ulla ás 22:00 que pasará por Agolada, Lalín e Rodeiro. Tamén ás 22:00 sairá un autobús de Melide que pasará por Palas de Rei, Monterroso e Taboada. Ás 23:30 sairá un autobús de Monforte de Lemos (Zona Escolapios) e ás 23:45 terá a saída o autobús do Saviñao (Gasolineira de Escairón).
O regreso farase ao remate da festa. Para calquera dúbida a empresa de transporte facilita os seguintes contactos: 608 18 54 38 e 982 37 91 06.