HomeCulturaFesta da Xuventude en Chantada este 19 de abril desde as 19:00h

Festa da Xuventude en Chantada este 19 de abril desde as 19:00h

O Concello de Chantada, a través da Concellaría de Xuventude, organiza este venres, 19 de abril, a I edición da Festa da Xuventude. Desde as 19:00h. en adiante contarase con música en directo e de balde en distintos espazos do centro da vila.

Publicado o

POR
Redacción
- Advertisement -

Desde as 19:00h. ás 23:00h. actuarán as charangas Mekanika Rolling Band (comeza na Avda. de Monforte á altura do centro de saúde, continúa pola rúa Xoán XXIII para seguir por Antonio Lorenzana, Tras dos Fornos e Leonardo Rodríguez ata praza de Santa Ana) e Unión Phenosa (comeza na Rúa Uxío Novoneyra á altura do “Café Bar Ribeiriña” baixando dirección praza Santa Ana ata a praza de Catro Camiños).

Ás 23:00 tempo da Disco Móbil na Praza de Santa Ana, para ás 00.00 contar coa actuación da Orquestra Olympus na rúa Xoán XXIII. Retomarase a Disco Móbil ás 2:00, ás 3:00 volverá a Orquestra Olympus, para rematar coa Disco Móbil de Euphoria desde as 4.00.

Como Festa da Xuventude, a proposta está pensada para mozas/os de entre 16 e 25 anos, pero búscase a participación de tódalas idades, “Queremos dinamizar o centro da vila para que non sexa unha festa exclusiva desa franxa de idade e queremos ofrecerlle á nosa xuventude alternativas de lecer nocturno porque moita mocidade non se sinte identificada coas saídas aos pubs. Espero que a todo o mundo lle guste e sexa exitosa para que xa quede marcada no calendario para próximos anos”, asegura Belén Vázquez, Concelleira de Xuventude.

A festa ábrese á xuventude e xente da contorna e para facilitar a súa participación contarase con servizo de Noite Bus. Así o día 19 de abril sairá un autobús de Antas de Ulla ás 22:00 que pasará por Agolada, Lalín e Rodeiro. Tamén ás 22:00 sairá un autobús de Melide que pasará por Palas de Rei, Monterroso e Taboada. Ás 23:30 sairá un autobús de Monforte de Lemos (Zona Escolapios) e ás 23:45 terá a saída o autobús do Saviñao (Gasolineira de Escairón).

O regreso farase ao remate da festa. Para calquera dúbida a empresa de transporte facilita os seguintes contactos: 608 18 54 38 e 982 37 91 06.

ÚLTIMAS

Pantón ten prazo de inscrición aberto para os Campamentos de Verán e presenta a programación cultural da época estival

O Concello de Pantón presenta as actividades que a Concellaría de Cultura programa para...

O delegado do Goberno en Galicia destaca en Sarria o funcionamento da campaña “Non Camiñas Soa”

A campaña lévase a cabo desde o ano 2021 para reforzar a protección das...

O PSdeG de Sarria reclama ao Goberno local que informe de inmediato ao sector sobre a situación do matadoiro

O voceiro socialista en Sarria, Benjamín Escrontela criticou que o Goberno local de Claudio...

Intensa actividade promocional da D.O. Ribeira Sacra

O Consello Regulador da D.O. Ribeira Sacra impulsa este mes de xuño unha destacada...